MV Britannic | |
---|---|
Historial | |
Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast Reino Unido |
Tipo | Transatlántico |
Operador | White Star Line (1929-1934) Cunard White Star Line (1934-1950) Cunard Line (1950-1960) |
Botado | 6 de agosto de 1929 |
Viaxe inaugural | 28 de xuño de 1930 |
Baixa | 1960 |
Características xerais | |
Desprazamento | 26 943 toneladas |
Eslora | 217 metros |
Manga | 25 metros |
Velocidade | 18 nós |
Capacidade | 1553 persoas |
O MV Britannic (Motor Vessel Britannic), Tamén coñecido como RMS Britannic (Royal Mail Ship Britannic) foi o terceiro transatlántico da White Star Line en levar dito nome. Foi construído nos estaleiros de Harland and Wolff na cidade norteirlandesa de Belfast. Botouse o 6 de agosto de 1929 e era case idéntico ó MV Georgic. Contaba cun motor diésel e desprazaba unhas 26 943 toneladas. No momento en que foi botado, era o barco británico de motor máis grande xamais construído.
O Britannic realizou a súa primeira viaxe na ruta Liverpool-Belfast-Glasgow-Nova York, o 28 de xuño de 1930. Polo xeral pasou os veráns na ruta do Atlántico Norte, mentres que nos veráns adicabase a ruta no Caribe. Estivo realizando este servizo ata que a White Star Line pasou a formar parte da Cunard White Star en 1934. No ano 1935, pasou a ruta Londres-Nova York na que estivo ata o comezo da segunda guerra mundial.
Durante a guerra, o Britannic adicouse ao transporte de tropas, transportando uns 180 000 soldados durante toda a contenda. No ano 1948 volveu a ruta Londres-Nova York.
En 1950, a Cunard White Star pasou a ser coñecida de novo como Cunard Line, deixando ó Britannic e ó Georgic como os únicos barcos en servizo da antiga White Star Line. Ambos os dous seguiron realizando as súas viaxes baixo a bandeira da desaparecida empresa durante o resto do seu servizo.
En xuño de 1950, o Britannic colidou co buque dos Estados Unidos, Pioneer Land.
As últimas viaxes do Britannic realizaronse na ruta Liverpool-Nova York, sendo o último transatlántico con bandeira da White Star Line en realizala[1] en novembro de 1960. A derradeira saída de Nova York realizouna o 25 de novembro de 1960, e arribou a Liverpool o 2 de decembro. A última saída dun barco da White Star Line desde Liverpool foi realizada polo Britannic o 16 de decembro de 1960. Ese mesmo ano, o Britannic foi retirado do servizo debido a fallos nos motores.