Macross Frontier

Macross Frontier
Na rede
https://www.macrossf.com/
IMDB: tt1216150 Filmaffinity: 669565 Allocine: 7177 Metacritic: tv/macross-frontier
Songkick: 442334 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Makurosu Furontia (マクロスF (フロンティア)), coñecida internacionalmente como Macross Frontier é unha serie anime de ciencia ficción ambientada no universo de ficción Macross.

Características[editar | editar a fonte]

Realizada para conmemorar o 25º aniversario da primeira das series dese universo, The Super Dimension Fortress Macross, a MBS xaponesa emitiuna entre o 3 de abril e o 25 de setembro de 2008. Yasuhito Kikuchi foi o seu director, a historia é obra de Hiroyuki Yoshino e o deseño dos personaxes é do estudio de animación Satelight.

Sinopse[editar | editar a fonte]

No ano 2059 os humanos e os seus aliados zentradis exploran o espazo na procura de novos mundos onde se establecer. A 25 é unha desas frotas, diríxese cara a un posible mundo habitable no centro da Vía Láctea. Durante unha misión de recoñecemento nun campo de asteroides, un mecanismo alieníxena dos Vajra destrúe un dos cazas da expedición. Nesta situación bélica desenvólvese a amizade entre Saotome Alto (un piloto de 17 anos, provén dunha antiga familia de actores de kabuki), Sheryl Nome (un ídolo entre os adolescentes) e Ranka Lee (estudante).