Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1899 La Unión, España |
Morte | 26 de marzo de 1993 (93 anos) |
Concelleiro La Unión | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Murcia - Bachelor of Chemical Sciences (en) (1940–1947) |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, mestra, editora, química, concelleiro |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
| |
María Cegarra Salcedo, nada en La Unión (Murcia) o 28 de novembro de 1899 e finada en Murcia o 26 de marzo de 1993, foi unha poeta española, ademais da primeira muller perito químico.[1]
Entre 1921 e 1924 exerceu como axudante técnico no laboratorio de análise industrial da viúva de Francisco Munuera. Logo, dende finais dos anos vinte e durante varias décadas, estivo á fronte do seu propio laboratorio de análises químicas, orientado á explotación mineira, na casa familiar. [2]
O 7 de maio de 1928 obtivo o título de Perito Químico na Escola Politécnica Superior de Alcoi (EPSA).
Tras a morte do seu irmán Andrés en 1928, dedicouse á poesía. Grazas a el coñecera a Carmen Conde, con quen tivo unha longa e fonda amizade recollida nunha correspondencia. Participou nas actividades realizadas na Universidade Popular que Conde e Antonio Oliver fundaron nesa cidade. Tamén fixo amizade co xornalista Raimundo de los Reyes e cos poetas Miguel Hernández e Ramón Sijé.[3] Con Hernández mantivo unha estreita relación.[4]
En 1946 obtén a licenciatura en Ciencias Químicas pola Universidade de Murcia. Ademais, Cegarra exerceu corenta anos de docencia en diferentes colexios de Cartaxena, así como noutros centros entre eles a Escola de Peritos Industriais.