Marjorie Courtenay-Latimer

Modelo:BiografíaMarjorie Courtenay-Latimer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Marjorie Eileen Doris Courtenay-Latimer Editar o valor en Wikidata
24 de febreiro de 1907 Editar o valor en Wikidata
East London, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Morte17 de maio de 2004 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
East London, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria natural Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónconservadora (1931–), naturalista, bióloga, física, coleccionista de plantas Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEast London Museum (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Marjorie Eileen Doris Courtenay-Latimer, nada o 24 de febreiro de 1907 en East London, provincia do Cabo Oriental, Suráfrica e finada o 17 de maio de 2004 na mesma cidade, foi unha naturalista e paleontóloga surafricana.

Fíxose famosa polo descubrimento do celacanto, en 1938, un peixe até entón só coñecido por fósiles, e que se pensaba que estaba extinto desde o cretáceo, hai 65 millóns de anos.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Marjorie Courtenay-Latimer descubriu o celacanto, que foi nomeado Latimeria chalumnae na súa honra.

Marjorie Courtenay-Latimer naceu en East London, O Cabo Occidental, Suráfrica, filla dun xefe de estación da South African Railways. Naceu prematura, de sete meses, e pasou unha infancia de doenzas, e case morreu a causa dunha difteria. A pesar da súa fraxilidade, xa desde pequena a Marjorie lle gustava a vida ao aire libre.[2] Cando visitou a súa avoa, no litoral, quedou fascinada polo faro da illa Bird. Con 11 anos, expresou o seu desexo de facerse unha especialista en paxaros.

Despois da escola, comezou a estudar enfermaría en King William's Town pero, antes de terminar a súa formación, soubo dunha vacante para traballar no Museo de East London. Sen ter formación para esa praza, impresionou os entrevistadores co seu coñecemento sobre ciencias naturais de Suráfrica e foi contratada, aos 24 anos, en agosto de 1931.

Marjorie fixo toda a súa carreira no museo, xubilándose en 1973, trasladándose daquela a vivir nunha facenda en Tsitsikamma, onde hoxe está o Parque Nacional Tsitsikamma, e escribiu un libro sobre flores. Despois retornou a East London.

Nunca casou debido á morte do amor da súa vida, cando contaba uns vinte anos.[2]

A causa da súa morte o 17 de maio de 2004 é descoñecida.

O descubrimento do celacanto

[editar | editar a fonte]
Placa de latón en Latimer's Landing (East London), na honra de Marjorie Courtenay-Latimer, que salvou para a ciencia o celacanto, e de Hendrik Goosen, que o capturou.

No verán de 1938 (o 22 de decembro), Marjorie Courtenay-Latimer, directora do East London Museum, recibiu unha chamada telefónica de Hendrik Goosen, patrón dun pesqueiro, que lle comunicou que, cerca da desembocadura do río Chalumna, preto de East London, que capturara un estraño peixe azul nunca antes visto.[3] Despois de observalo, escribiu:

Eu afastei as capas de lama para revelar o peixe máis bonito que eu xamais vira. Medía metro e medio de lonxitude, era azulado con manchas abrancazadas, tiña un brillo prateado-verde-azul iridescente por todo o corpo. Estaba cuberto por escamas duras, e tiña catro aletas tipo membros e unha estraña cola.

Tras observalo, levou nun taxi o espécime para o museo. Tratou de identificalo, sen éxito, en varios libros. Ansiosa por preservar o peixe e non tendo un laboratorio no museo, dirixiuse ao depósito de cadáveres da cidade, que rexeitou axudala. Entón conservou o peixe en formol. Contactou co ictiólogo surafricano James Leonard Brierley Smith, da universidade Rhodes, en Grahamstown, amigo seu, para que a axudase a identificalo, pero el estaba de viaxe. Acabou enviando o peixe a un taxidermista para que o disecase.

Cando Smith, finalmente, chegou o 16 de febreiro de 1939 ao museo, instantaneamente recoñeceu ao celacanto. Non había sombra de dúbida, dixo. Era como se un dinosauro volvese á vida novamente enfronte de min.

Tras varios meses de estudo, Smith deulle ao peixe o seu nome científico, Latimeria chalumnae, dedicándolle o xénero, Latimeria, á directora do museo,[4] e o específico, chalumnae ("do Chalumna") ao río cerca do cal se descubiu.[3][4]

Tiveron que pasar máis de 14 anos até que outro celacanto fose encontrado.

  • Doutora honoraria da Universidade Rhodes.[1]
  1. 1,0 1,1 Smith, Anthony. "Marjorie Courtenay-Latimer: Museum curator famed for her discovery of the coelacanth, a 400m-year-old fish" The Guardian, 21 de maio de 2004.
  2. 2,0 2,1 Weinberg, Samantha; Estate, Fourth (2001-02-06). A Fish Caught in Time: The Search for the Coelacanth (en inglés). Harper Collins. ISBN 978-0-06-093285-5. 
  3. 3,0 3,1 Milestones - Coelacanth, Latimeria chalumnae Smith, 1939.
  4. 4,0 4,1 Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid, non publicado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]