![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1975 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
13 de xuño de 2015 – 15 de xuño de 2019 ← Agustín Hernández – Xosé Antonio Sánchez Bugallo → | |
![]() | |
2007 – 2015 ← Armando Blanco Martínez – Rafael Sisto → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, médico ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ANOVA-Irmandade Nacionalista Compostela Aberta ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Antía Otero ![]() |
![]() ![]() |
Martiño Noriega Sánchez, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1975, é un médico e político galego.
Criado no ensanche compostelán, desde os 6 anos viviu no concello de Teo. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou a especialidade en Medicina de Familia na área de Santiago de Compostela. Traballou en Atención Primaria da Comarca de Compostela e tamén como médico coordinador na Fundación de Urxencias Sanitarias do 061. DEA en Saúde Pública pola USC. En marzo do 2020 no comezo da pandemia da COVID, reincorporouse á Atención Primaria como médico de familia na área sanitaria de Santiago-Barbanza.
Despois de militar na asociación de estudantes universitarios CAF e de ser representante dos estudantes no claustro da Universidade de Santiago, dende 1995 comezou o traballo político no BNG de Teo e en 1999 converteuse en voceiro desta formación no concello. En 2006 entrou no Consello Nacional do BNG, e logo das eleccións municipais de 2007 converteuse en alcalde de Teo, cun goberno en minoría. En 2011 volveu ser elixido alcalde ao acadar a maioría absoluta.
Como membro e vicevoceiro do colectivo Encontro Irmandiño abandonou o BNG en febreiro de 2012, pasando en xullo dese mesmo ano a formar parte do movemento político ANOVA-Irmandade Nacionalista, desenvolvendo nunha primeira etapa o seu traballo político como responsable de Acción Institucional. En xullo do 2013, despois da celebración da I Asemblea Nacional desta organización política, foi elixido Coordinador Nacional. En novembro do 2014, despois da celebración da II Asemblea Nacional de Anova, Martiño Noriega foi elixido Portavoz de Anova xunto a Xosé Manuel Beiras.
En maio de 2015 encabezou unha candidatura de unidade popular en Santiago, Compostela Aberta, que resultou a lista máis votada nas municipais do 24 de maio. O 13 de xuño deste ano foi investido alcalde de Santiago de Compostela, sucedendo ao popular Agustín Hernández.
En setembro de 2018 anunciou a súa intención de volver a concorrer como candidato á alcaldía para as eleccións municipais en maio de 2019, coa idea de repetir co mesmo equipo de goberno para tratar de dar continuidade ó capital político e á experiencia acumulada.[1]
Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a alcaldía en favor de Xosé Antonio Sánchez Bugallo, candidato do PSdeG[2], tras pasar a sela terceira forza política. Concorreu na candidatura de Galicia en Común nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, a cal non logrou representación algunha. Tralos comicios, en xullo de 2020, renunciou á súa acta de concelleiro.
En setembro de 2022 volveu a ser portavoz nacional de Anova, cargo que compatibiliza co seu traballo como médico de familia.[3]
É parella de Antía Otero, con quen ten unha filla e un fillo.[4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martiño Noriega ![]() |
Predecesor: Armando Blanco Martínez |
![]() Alcalde de Teo 2007 - 2015 |
Sucesor: Rafael Sisto |
Predecesor: Agustín Hernández |
![]() Alcalde de Santiago de Compostela 2015 - 2019 |
Sucesor: Xosé Antonio Sánchez Bugallo |