Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1985 (39 anos) Vimianzo, España |
Educación | Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | actor, modelo, actor de televisión |
Período de actividade | 1998 - |
Familia | |
Pai | Manuel Rivas |
Irmáns | Sol Mariño |
|
Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985,[1] é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas[2]. Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.
Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie da TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel secundario, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como SMS, na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie El Internado de Antena 3. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de José Luis Cuerda Os xirasoles cegos xunto a Javier Cámara e Maribel Verdú. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación. O ano seguinte, aparece na curtametraxe Universos xunto coa súa compañeira de El Internado Blanca Suárez. No 2011 fai o seu debut no teatro coa obra Drácula, na que interpreta a Jonathan Harker.
Fillo do escritor Manolo Rivas e de María Isabel López. Rivas graduouse nun instituto de Londres e posteriormente estudou comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.[3] Ademais do galego e o castelán, fala fluidamente o inglés.[4]
Mantivo unha relación coa actriz Irene Escolar[5].
En 2017 comezou unha relación con Kayoko Everhart, modelo e bailarina de orixe afroxaponesa da Compañía Nacional de Danza coa que tivo unha filla. [6]
Desde 2020 mantén unha relación coa modelo francesa Lily Fofana, é filla do exfutbolista marfileño Youssouf Falikou Fofana e a ex do YouTuber Sneako co que rompeu en 2020.
Martiño decidiu castelanizar o seu nome por Martín porque non o entendían en Madrid.[2]
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2008 | Os xirasoles cegos | Lalo | Drama dirixido por José Luis Cuerda |
2013 | Gente en sitios | Martiño | Comedia dirixida por Juan Cavestany |
2013 | Tres bodas de más | Dani | Comedia romántica dirixida por Javier Ruiz Caldera |
2014 | Por un puñado de besos | Dani | Drama romántico dirixido por David Menkes |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1998-2000 | Mareas vivas | Dani | 22 episodios |
2006-2007 | SMS | Moisés | 5 episodios |
2006-2008 | Maridos e mulleres | David | 21 episodios |
2007-2010 | El internado | Marcos Novoa Pazos | 71 episodios |
2012-2013 | El don de Alba | Pablo Escudero | 13 episodios |
2014 | Romeo and Juliet | Romeo | Miniserie |
2016 | Web Therapy | Mario González | 2 episodios |
2017 | Sé quien eres | Marc Castro | 16 episodios |
2017-2020 | Las chicas del cable | Carlos Cifuentes | 37 episodios |
2022 | Fuerza de paz | Ignacio Moreno | |
2023 | Nacho Vidal, una industria XXL | Nacho Vidal |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actor revelación | Os xirasoles cegos | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Camaleón de honra (premio revelación) | El internado | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actor revelación | El internado | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actor revelación | Os xirasoles cegos | Gañador |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martiño Rivas |