Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Matthew Robert Bonner 5 de abril de 1980 (44 anos) Concord, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Florida Concord High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 112 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote, Pivote e Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Chicago Bulls | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Matthew Robert "Matt" Bonner, popularmente coñecido como The Red Mamba, nado o 5 de abril de 1980 en Concord, Nova Hampshire, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Gañou dous títulos de campión en 2007 e 2014 cos San Antonio Spurs. Bonner xogou a nivel universitario nos Florida Gators, sendo seleccionado no Draft da NBA de 2003 polos Chicago Bulls no posto 45. Cunha altura de 2,08 metros xoga na posición ala-pivote.
Entrou en 1999 a formar parte da Universidade de Florida, onde nos seus catro anos de carreira fixo medias de 12,4 puntos e 5,9 rebotes por partido, e acabou sendo o xogador que máis partidos disputou con ese equipo (131), facendo 19 dobres-dobres. Obtivo varios premios e recoñecementos na súa conferencia, e terminou graduándose en Administración de Empresas cunhas notas raiando a perfección.
Foi elixido o posto 16 da segunda rolda do Draft da NBA de 2003 polos Chicago Bulls, que inmediatamente o traspasaron aos Toronto Raptors. Antes da súa incorporación á NBA pasou un ano en Messina, na Liga italiana, onde sufriu un proceso de salmonella que case lle custa a vida. A pesar diso terminou a tempada facendo unha media de 19,2 puntos e 9,3 rebotes por partido.
En 2004 incorporouse aos Raptors, onde pasou dúas tempadas de suplente, facendo unha media de 7,3 puntos e 3,6 rebotes en apenas 20 minutos por partido. Na súa última tempada no Canadá terminou en décimo cuarta posición entre os mellores tiradores de 3 puntos da liga. En 2006 foi traspasado aos San Antonio Spurs, equipo no que milita na actualidade. Ao termo da temporada 2010-11, foi líder da liga en porcentaxe de tiros de tres cun 45,7%. Desde que chegou, o equipo conseguiu dous Campionatos da NBA: en 2007 fronte a Cleveland Cavaliers e en 2014 fronte a Miami Heat.
O seu alcume "The Red Mamba", foille outugardo por Kobe Bryant mediante a rede social Twitter. Os seus fans, durante o concurso de triplas do All-Star de Houston de 2013, deseñáronlle unha camisola co dorsal 15 que tiña escrito dito alcume.[1][2]