(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Micaela Navarro Garzón 2 de setembro de 1956 (68 anos) Andújar, España |
Deputada de España | |
7 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Xaén Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Xaén Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
15ª Presidenta do Partido Socialista Obreiro Español | |
27 de xullo de 2014 – 28 de setembro de 2016 ← José Antonio Griñán – Cristina Narbona → | |
Deputada de España | |
29 de marzo de 2004 – 26 de abril de 2004 – Antonia Martínez Higueras → Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Xaén Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Deputada de España | |
23 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Xaén Electa en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Senadora de España | |
3 de marzo de 1996 – 12 de marzo de 2000 Circunscrición electoral: Xaén | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Micaela Navarro Garzón, nada en Andújar (provincia de Xaén) o 29 de agosto de 1956, é unha política socialista andaluza, presidenta do PSOE desde xullo de 2014 e vicepresidenta segunda do Congreso de Deputados desde o 13 de xaneiro de 2016.[1]
Foi Conselleira de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Andalucía (2004-2012), concelleira no Concello de Andújar (1991-1996), senadora pola Provincia de Xaén (1996-2000) e deputada Congreso dos Deputados por Xaén (2000-2004).
A finais da década de 1980, Micaela Navarro comezou a súa actividade política dentro dos movementos veciñais do seu barrio, Porta de Madrid. Pasado un tempo comezou a participar en política dentro das siglas do PSOE de Andújar. En 1991 entrou como concelleira no seu municipio, onde ocupou a Concellaría da Muller e Servizos Sociais. En 1994 foi elixida membro da executiva provincial do PSOE de Xaén, repetindo en 1997.
Na lexislatura 1996-2000 converteuse en senadora electa por Xaén, período no que exerceu a portavocía da Comisión Mixta dos Dereitos da Muller.[2] Así mesmo, formou parte como vogal de distintas comisións do Senado, como a Comisión de Xustiza, a Comisión de Sanidade e Asuntos Sociais e a Comisión de Traballo e Seguridade Social.
Dentro da Comisión Executiva Federal do PSOE, Micaela Navarro estivo á fronte da Secretaría de Participación da Muller (1997-2000) e da Secretaría de Igualdade (2000-2004).[3]
No 2000 foi elixida deputada por Xaén, ocupándose da portavocía da Comisión Mixta dos Dereitos da Muller. Esta comisión encargouse nesa lexislatura da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
Nas Eleccións xerais de España de 2004 encabezou a lista do PSOE pola circunscrición de Xaén. Ao pouco de ser electa ten que deixar o Congreso dos Deputados ao ser nomeada polo presidente da Xunta de Andalucía, Manuel Chaves, conselleira para a Igualdade e Benestar Social.
En 2008, foi elixida parlamentaria autonómica por Xaén, e nomeada para desempeñar a mesma Consellería durante a VII Lexislatura.[4]
No Congreso Extraordinario Federal do PSOE, que se celebrou entre o 26 e 27 de xullo de 2014, foi designada Presidenta do PSOE.[5]
En 2015 encabezou a lista do PSOE por Xaén ás eleccións xerais, foi elixida deputada e vicepresidenta do Congreso.[1][6]
É nai de dúas fillas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Micaela Navarro |