Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1822 Llanuwchllyn, Reino Unido |
Morte | 2 de decembro de 1898 (76 anos) Bala, Reino Unido (pt) |
Lugar de sepultura | Graves of Michael Jones and Michael D. Jones (en) |
Relixión | Congregacionalismo (pt) |
Educación | Presbyterian College (en) Highbury College (en) |
Actividade | |
Ocupación | ministro, college head (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Anne Lloyd Jones |
Fillos | Llwyd ap Iwan, Mihangel ap Iwan |
Pai | Michael Jones |
Michael Daniel Jones nado en Llanuwchllyn, Merioneth (condado de Gwynedd) o 2 de marzo de 1822 e finado en Bala (Gwynedd) o 2 de decembro de 1898 foi un ministro congregacionalista galés e director dun colexio teolóxico, pero é lembrado especialmente como fundador do asentamento galés na Patagonia coñecido como Y Wladfa e como un dos pais do nacionalismo galés moderno.
Despois de adestrarse para o ministerio no Presbyterian College de Carmarthen e despois no Highbury College de Londres, pasou uns dezaoito meses en Cincinnati, Ohio, onde foi ordenado para o ministerio cristián. Regresou a Gales e en 1850 foi nomeado ministro en Bwlchnewydd e Gibeon en Carmarthenshire, antes de suceder ao seu pai como director do Bala Independent College en 1855.
O seu nome está intimamente ligado ao intento de establecer un asentamento galés na Patagonia, Arxentina, na década de 1860 onde o galés sería a lingua de relixión, goberno, comercio e educación. O 150 aniversario (28 de xullo de 1865) deste asentamento galés-arxentino en Rawson, Chubut celebrouse en 2015.[1]
En 1889, Jones converteuse en membro do primeiro Consello do Condado de Merionethshire, aínda que tiña unha maioría de só oito votos sobre o seu opoñente conservador.[2]
Jones é recoñecido como o primeiro en defender unha solución política para defender a identidade galesa e, polo tanto, é visto como un dos precursores máis significativos do nacionalismo galés.