![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miguel Fisac Serna ![]() 29 de setembro de 1913 ![]() Daimiel, España ![]() |
Morte | 12 de maio de 2006 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, pintor, urbanista ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Maria Badell Lapetra ![]() |
Fillos | Taciana Fisac ![]() |
Irmáns | Lola Fisac ![]() |
Premios | |
Sitio web | fundacionfisac.com… ![]() |
![]() ![]() |
Miguel Fisac Serna, nado en Daimiel (Cidade Real) o 29 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 12 de maio de 2006[1] foi un arquitecto, urbanista e pintor español.
Fillo dun farmacéutico, a Guerra Civil Española interrompeu os seus estudos de arquitectura en Madrid. Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1942 coa obtención do Premio Superior. Descontento coa arquitectura que se estaba a facer, logrou un estilo persoal, no que os seus edificios incorporaban orixinais solucións estruturais de formigón pretensado e as súas características vigas-óso.
Nos seus comezos, pouco a pouco vaise apartando do racionalismo dos seus mestres, influenciado pola obra do arquitecto norteamericano Frank Lloyd Wright, o neoempirismo do arquitecto Erik Gunnar Asplund e o organicismo nórdico, experimentado na súa viaxe en 1949 a Suecia. Interesoulle tamén a arquitectura popular.