(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1969 (55 anos) Colonia, Alemaña |
Educación | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Universidade de Colonia |
Q89547790 | Coñecementos sobre a fauna herpetolóxica de Madagascar |
Actividade | |
Campo de traballo | Madagascar |
Ocupación | zoólogo, herpetólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade Técnica de Braunschweig |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Vences |
Familia | |
Pai | Sergio Vences Fernández |
Premios | |
Membro da Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften. Membro da Leopoldina | |
Sitio web | mvences.de |
Miguel Vences, nado en Colonia o 24 de abril de 1969, é un biólogo especializado en herpetoloxía e bioloxía evolutiva, e profesor universitario alemán. Boa parte das súas investigacións están centradas nos réptiles e anfibios de Madagascar.
É fillo do filósofo galego Sergio Vences Fernández.[1] Fixo os seus estudos secundarios no Schiller-Gymnasium de Colonia de 1979 a 1988, graduándose co Abitur alemán (título equivalente ao de bacharel).[Cómpre referencia] Ao ano seguinte comezou a estudar Bioloxía na Universidade de Colonia. Alí coñeceu a Frank Glaw, e aínda como estudantes universitarios emprenderon as súas primeiras excursións científicas a Madagascar.[2]
Despois de acadar o Vordiplom en 1993, Vences trasladouse á Universidade de Bonn e ao Museo Koenig da mesma cidade, onde completou os seus estudos de diplomatura. Vences a continuación fixo os seus estudos de doutoramento baixo a supervisión de Wolfgang Böhme até o ano 2000.[Cómpre referencia] A súa tese foi sobre a historia evolutiva das ras verdadeiras (Ranoidea) e familias relacionadas de Madagascar.
Despois traballou durante un ano no Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París, antes de regresar a Alemaña en 2001 para traballar na Universidade de Constanza. En 2002 traballou na Universidade de Ámsterdam e no Museo de Zooloxía desta cidade como profesor axudante e director da sección de vertebrados. En 2005 mudouse á Universidade Tecnolóxica de Braunschweig como profesor de bioloxía evolutiva,[3] onde permanece até o día de hoxe (2019).
O traballo de Vences está centrado nos anfibios e réptiles de Madagascar. Traballa en colaboración con Frank Glaw e, xuntos, describiron máis de 200 novas especies de ras, e numerosas novas especies de serpes, camaleóns e outros réptiles.
En 1992 elaboraron unha guía de campo dos réptiles e anfibios de Madagascar. En 1994 publicaron unha segunda edición desta guía, incluíndo as descricións de numerosos taxons novos, e unha sección de réptiles moi ampliada. En 2007 publicouse unha terceira edición que non describía ningunha especie nova, pero incluía fotografías en cor e descricións en textos breves de máis de 100 especies sen nome.
Nos últimos anos, Vences foi coautor, en varias publicacións, de traballos sobre unha ampla gama de temas, incluíndo, pero sen limitarse, á bioxeografía, enfermidades de anfibios e microbiomas asociados a anfibios, xenética de poboacións, evolución e especiación, e taxonomía.[4]
En 2013 foi elixido como membro da Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften (Academia de Ciencias e Humanidades de Berlín-Brandeburgo) e, en 2018, da Academia Leopoldina.
Catro especies foron nomeadas na honra de Vences:[5]
A abreviatura Vences emprégase para recoñecer a Miguel Vences como autoridade na descrición e taxonomía e zooloxía.