Miguel Ángel Ferrer

Modelo:BiografíaMiguel Ángel Ferrer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Caravaca de la Cruz, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMista Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1996–1997   Real Madrid C 29(9)
1997–1998   Real Madrid Castilla 43(23)
1999–1999 cesión   CD Tenerife 13(3)
1999–2001   CD Tenerife 84(22)
2001–2006   Valencia CF 144(40)
2006–2008   Atlético de Madrid 35(3)
2008–2010   Deportivo da Coruña 26(2)
2010–2010 Toronto FC 9(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1995–1995   España sub-17 3(1)
1996–1997   España sub-18 10(1)
1999–1999   España sub-21 1(0)
2005–2005   España 2(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2020– Atlético Ottawa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

FIFA: 196229 UEFA: 34775 Editar o valor en Wikidata

Miguel Ángel Ferrer Martínez, coñecido como Mista, nado en Caravaca de la Cruz (Murcia) o 12 de novembro de 1978, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Mista era un dianteiro oportunista cunha notable capacidade goleadora e gran presenza física. Nos seus inicios caracterizouse pola súa capacidade para revolucionar os partidos saíndo desde o banco aínda que a tempada 2003-2004 na que anotou dezanove goles consagrouna entre a elite.

Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid CF debutando en pretemporada co primeiro equipo, adestrado naquel entón por Fabio Capello. Naquela época, o Real Madrid B disputaba a Segunda B e Mista non vía ningunha opción de alcanzar o primeiro equipo. Por iso decidiu demandar ao seu club ao considerar que a cláusula de rescisión do seu contrato era demasiado elevada e estaba desporporcionada respecto da súa ficha. Unha vez iniciado o proceso xudicial, o Real Madrid e o CD Tenerife chegaron a un acordo para o seu traspaso (por unha cantidade moi inferior á da súa cláusula).

O seu periplo co club chicharrero en Primeira foi curto xa que culminou co descenso do equipo canario aínda que lle deu tempo a mostrar a súa calidade ao anotar tres goles en trece partidos nun equipo sumido nunha profunda crise.

Ese verán fichou polo Valencia CF que o mantivo cedido no Tenerife esta vez en segunda. Tras unha notable campaña na que anotou dezasete goles o equipo logrou o ascenso e xunto co seu compañeiro Curro Torres e o adestrador Rafael Benítez fixeron as maletas rumbo a Valencia.

As dúas primeiras tempadas no club che foron de adaptación xa que non foi titular máis que en contadas ocasións, anotando cinco e sete goles respectivamente.

Pero a campaña 2003-2004 supuxo un xiro fundamental na súa carreira xa que anotou dezanove goles converténdose no máximo goleador do equipo e un dos máis anotadores de toda a liga. Grazas á súa capacidade goleadora a Valencia CF logrou un histórico dobrete ao anotarse a liga e a Copa da UEFA. Pódese dicir, que grazas a el, a Valencia logrou títulos. Precisamente, neste torneo logrou anotar un gol na final disputada ante o Olympique Marsella, que acabou cun 2-0.

A tempada seguinte, debido aos problemas de renovación, xa que os directivos ofrecéronlle un pésimo contrato (ninguén coñece as cifras, por tanto é totalmente subxectivo), unido ao mal nivel xeral do equipo e a que de 29 partidos xogados só en 10 saíu de titular, xogando poucos minutos no resto, causaron un bajón no seu rendemento goleador anotando só oito goles.

A chegada de David Villa na tempada 2005-2006 relegoulle á suplencia o que, xunto a que xogou de mediapunta (a dianteira era para Vila), fixo diminuír considerablemente os seus rexistros goleadores. Isto, engadido á fichaxe de Morientes, condenoulle a un segundo plano na Valencia CF, polo que en xullo de 2006 decidiu fichar polo Atlético de Madrid, grazas á intervención do seu amigo "Suso" García Pitarch, sendo traspasado da capital do Turia á capital de España a cambio de 4,5 millóns de euros.

O Deportivo da Coruña fíchao en xuño de 2008 procedente do Atletico de Madrid coa carta de liberdade debido á imposibilidade de colocalo nalgún equipo previo pago. Firma por tres anos no club coruñés. Marca o seu primeiro gol como deportivista contra o Real Madrid na primeira xornada de Liga, pero perde a titularidade aos poucos partidos polo seu baixo rendemento. O 10 de xuño de 2010 chega a un acordo co Deportivo para a rescisión do seu contrato a falta dun ano máis na disciplina branquiazul.

No verán de 2011 anunciou a súa retirada do fútbol.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en dúas ocasións. O seu debut produciuse o 22 de marzo de 2005 nun partido disputado en Salamanca no que España se impuxo a China por tres a cero.

Coa Selección de fútbol de Murcia absoluta disputou tres encontros. Os tres que até agora disputou o seu combinado (ante Lituania, Ecuador e Guinea Ecuatorial).

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Liga Valencia CF España 2001-02
Liga Valencia CF España 2003-04

Copas internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Equipo País Ano
Copa da UEFA Valencia CF España 2004
Supercopa de Europa Valencia CF España 2004

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
Distinción Ano
Mellor xogador da final da Copa da UEFA 2004

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]