Miryang | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 밀양 |
Director | Lee Chang-dong |
Produtor | Lee Han-na Lee Chang-dong |
Guión | Lee Chang-dong |
Baseado en | "The Story of a Bug" de Lee Cheong-jun |
Intérpretes | Jeon Do-yeon Song Kang-ho |
Música | Christian Basso |
Fotografía | Jo Yong-gyu |
Montaxe | Kim Hyeon |
Estudio | Pine House Films |
Distribuidora | Cinema Service CJ Entertainment |
Estrea | 17 de maio de 2007 |
Duración | 142 minutos |
Orixe | Corea do Sur |
Xénero | Drama |
Orzamento | 3,5 millóns de dólares |
Recadación | 11,6 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.secretsunshine.co.kr | |
Miryang (en coreano: 밀양) é un filme surcoreano de 2007 dirixido por Lee Chang-dong.[2] O guión baséase na curta de ficción "The Story of a Bug" de Lee Cheong-jun que se centra nunha muller que loita coas cuestións da dor, a loucura e a fe. O título coreano fai referencia á cidade onde se ambienta e se rodou o filme.[3] Pola súa interpretación no filme, Jeon Do-yeon gañou o Premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2007.[4][5][6] O filme tamén gañou o premio ó mellor filme nos Premios Asian Film e nos Premios Asia Pacific Screen.[7] Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme vendeu 1 710 364 entradas nos cinemas de Corea do Sur.[8]