Miúcha

Modelo:BiografíaMiúcha

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Heloísa Maria Buarque de Hollanda Editar o valor en Wikidata
30 de novembro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 2018 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRío de Xaneiro Editar o valor en Wikidata
EducaciónSorbona
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista, compositora, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata - 2008 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoBossa nova Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoPhilips
RCA Records
Biscoito Fino (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJoão Gilberto (1965–1971) Editar o valor en Wikidata
FillosBebel Gilberto Editar o valor en Wikidata
PaisSérgio Buarque de Hollanda Editar o valor en Wikidata  e María Amélia Buarque de Hollanda Editar o valor en Wikidata
IrmánsChico Buarque
Cristina Buarque
Ana de Hollanda Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1764222 Musicbrainz: b72a2a9b-e783-473d-9d80-403876c685cd Songkick: 502835 Discogs: 318934 WikiTree: Buarque_Hollanda-1 Editar o valor en Wikidata


Heloísa Maria Buarque de Hollanda, nada en Río de Xaneiro o 30 de novembro de 1937 e finada na mesma cidade o 27 de decembro de 2018[1], máis coñecida como Miúcha, foi unha cantante e compositora brasileira. Neta de Cristóvão Buarque de Hollanda e filla de Sérgio Buarque de Holanda e Maria Amélia Cesário Alvim, Miúcha é irmá do cantautor Chico Buarque e tamén das cantantes Ana de Hollanda e Cristina Buarque, e nai da cantante Bebel Gilberto, froito do matrimonio co compositor João Gilberto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
En 2010 Miúcha cantou na cerimonia que elevou a Vinicius de Moraes a embaixador de Post-Morten.

Familia e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Heloísa Maria Buarque de Hollanda naceu no Río de Xaneiro o 30 de novembro de 1937, pero a súa familia trasladouse a São Paulo cando ela só tiña 8 anos. De neno formou un grupo vocal cos seus irmáns, entre eles Chico Buarque.[2]

Formación e vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1960 trasladouse a París onde estudou Historia da Arte na École du Louvre. De vacacións, fixo unha viaxe con amigos a Grecia, Italia e Francia. En Roma, no bar La Candelaria, coñeceu á cantante chilena Violeta Parra, a través da que coñeceu ao cantante bahiano João Gilberto, casou con el e tivo unha filla, tamén cantante, Bebel Gilberto.[2]

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

En 1975 fixo a súa primeira gravación profesional como cantante no álbum The Best of Two Worlds de João Gilberto e Stan Getz. Após este lanzamento, Miúcha fixo dueto con Antônio Carlos "Tom" Jobim en dous discos, en 1977 e 1979, e formou parte do espectáculo organizado por Aloysio de Oliveira xunto con Vinicius de Moraes, Tom Jobim e Toquinho. O espectáculo levouse a cabo durante un ano en Canecão, Río de Xaneiro, tivo actuacións internacionais en América do Sur e Europa, e deu lugar á gravación que Tom, Vinícius, Toquinho e Miúcha gravou en directo en Canecão (RCA Victor, 1977).[3]

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Faleceu de parada respiratoria o 27 de decembro de 2018, no Hospital Samaritano (Río de Xaneiro), logo de padecer un cancro de pulmón.[4]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Miúcha & Antônio Carlos Jobim (1977) RCA Records LP
  • Tom/Vinicius/Toquinho/Miúcha - Gravado ao vivo no Canecão (1977) Som Livre LP, CD
  • Os Saltimbancos (1977) Phonogram/Philips Records LP, CD
  • Miúcha & Tom Jobim (1979) RCA Victor LP
  • Tom Jobim, Vinicius de Moraes, Toquinho e Miúcha - Musicalmente ao vivo na Itália (1979)
  • Miúcha (1980) RCA Victor LP
  • Miúcha (1989) Warner/Continental LP
  • Vivendo Vinicius ao vivo Baden Powell, Carlos Lyra, Miúcha e Toquinho (1999) BMG Brasil CD
  • Rosa amarela (1999) BMG Brasil CD
  • Miúcha.compositores (2002) Biscoito Fino CD
  • Miúcha canta Vinicius & Vinicius - Música e letra (2003) Biscoito Fino CD
  • Miúcha Outros Sonhos (2007) Biscoito Fino
  • Miúcha com Vinícius/Tom/João (2008) Sony & BMG
  1. "Cantora Miúcha, irmã de Chico Buarque e ex-mulher de João Gilberto, morre aos 81 anos". 27/12/2018. Consultado o 27 de dezembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Dicionário da MPB; Miúcha". www.dicionariompb.com.br. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 17 de decembro de 2022. 
  3. "Miúcha; dados-artisticos". dicionariompb.com.br. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 17 de decembro de 2022. 
  4. "G1 - cantora Miúcha morre no RJ". Consultado o 2018-12-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]