A moeda de medio centavo de dólar estadounidense foi unha moeda de cobre con ese valor facial, emitida entre 1793 e 1857 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos. Tivo cinco modelos diferentes e foi a moeda de menor valor facial das que circularon nos Estados Unidos.
A moeda de medio centavo de dólar foi autorizada por primeira vez pola Lei da moeda de 1792, do 2 de abril.[1][2] A partir dese momento cuñouse sempre cun 100 % de cobre e unicamente na Ceca de Filadelfia.[3]
A súa produción foi cancelada pola Lei da Moeda de 1857, do 21 de febreiro.[4]
No seu anverso, a moeda de medio centavo representa unha personificación alegórica da Liberdade, coa inscrición LIBERTY, en tanto que no seu reverso se amosa o valor facial da moeda rodeado por unha coroa vexetal. Hai cinco versións deste modelo xeral:
Versións | Imaxe | Período | Deseño | Gravado | Características | Tiraxe |
---|---|---|---|---|---|---|
Liberty Cap [5] (Liberdade con gorro) Cara á esquerda |
1793 | Incerto.[6] | Henry Voigt | Cobre 6,74 g 22 mm |
35.334 | |
Liberty Cap [7] (Liberdade con gorro) Cara á dereita |
1794-1797 | Robert Scot | Robert Scot | Cobre 6,74 g 23,5 mm |
350.520 | |
Draped Bust [8] (Busto drapeado) |
1800-1808 | Robert Scot | Robert Scot | Cobre 5,44 g 23,5 mm |
3.416.950 | |
Classic Head [9] (Cabeza clásica) |
1809-1836 | John Reich | Robert Scot | Cobre 5,44 g 23,5 mm |
6.934.862 | |
Braided Head [10] (Cabeza con trenzado) |
1840-1857 | Christian Gobrecht | Christian Gobrecht | Cobre 5,44 g 23,0 mm |
544.510 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de medio centavo de dólar estadounidense |