Mojinos escozíos é un grupo de rock español que destaca polas letras das súas cancións que poden ser irreverentes, humorísticas e inclusive escatolóxicas.
Os compoñentes do grupo coñecéronse en Mollet del Vallés, Barcelona. En 1994 formaron o grupo, actuando en pequenas salas. En 1996 unha discográfica propúxolles gravar un disco, mais tras facelo non se publicou debido ao contido das letras.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |