Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1949 ![]() Congo Belga, Imperio colonial belga ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 8 de maio de 2015 ![]() Kinshasa, República Democrática do Congo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | República Democrática do Congo Zaire ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1974 | Mundial de Fútbol Alemaña 1974 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1974 | Copa de África de Nacións de 1974 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Joseph Mwepu Ilunga, ás veces mencionado Alunga Mwepu, nado no Congo Belga o 22 de agosto de 1949 e finado en Kinshasa o 8 de maio de 2015, foi un futbolista da República Democrática do Congo, que xogaba de defensa.
Acadou sona defendendo a camiseta do Zaire na fase final do Mundial de Fútbol Alemaña 1974, nun partido ante o Brasil, por saír da barreira nunha falta e golpear a pelota antes de que esta se puxese en xogo.[1] Zaire perdeu o partido por 0-3.[2] Máis tarde o xogador afirmou que o fixera deliberadamente para ser expulsado como acto de protesta contra as autoridades do seu país.[3] O equipo tamén perdeu contra Escocia, 0-2, e contra Iugoslavia, 0-9.[4]
Ilunga morreu en maio de 2015 despois dunha longa enfermidade[5] no Hospital de Saint-Joseph en Kinshasa.[6]