Nabarvené ptáče | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nabarvené ptáče |
Director | Václav Marhoul |
Produtor | Václav Marhoul |
Guión | Václav Marhoul |
Baseado en | The Painted Bird por Jerzy Kosiński |
Intérpretes |
|
Fotografía | Vladimír Smutný |
Montaxe | Luděk Hudec |
Estudio |
|
Distribuidora | |
Estrea | Festival de Venecia: 3 de setembro de 2019[2] |
Duración | 169 minutos[3] |
Orixe | República Checa Eslovaquia Ucraína |
Xénero | Drama |
Orzamento | 175 millóns de CZK[4] |
Recadación | 573 850 dólares[5] |
Lingua | intereslavo, checo, ruso, alemán |
Na rede | |
https://nabarveneptace.cz/ | |
Nabarvené ptáče é un filme de 2019 coproducido entre a República Checa, Eslovaquia e Ucraína, escrito, dirixido e producido por Václav Marhoul. É unha adaptación da novela homónima de Jerzy Kosinski.[6][7] É o primeiro filme rodado en lingua intereslava.[8][9] Marhoul declarou que decidiu empregar a lingua intereslava que para que ningunha nación eslava se puidese identificar coa historia.[10]
Nabarvené ptáče foi escollido para participar na competición da 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia e foi escollido polo Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2019 como parte das súas Presentacións Especiais.[11] O filme foi escollido como candidato da República Checa para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.[12][13]