Nanosat 01 | |
---|---|
Reprodución do Nanosat 01 no Homsec 2015 | |
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | INTA[1] |
Data de lanzamento | 18 de decembro de 2004[2][3][4] |
Foguete portador | Ariane 5[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[3][5][6] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico[3][6] |
NSSDC ID | 2004-049B |
Masa | 15 kg[1][3][6] |
Potencia | 20 vatios[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7030 km[2] |
Inclinación | 98,3 graos[2] |
Apoapse | 656,4 km[2] |
Periapse | 648,2 km[2] |
Nanosat 01, é un nanosatélite español lanzado o 18 de decembro de 2004 mediante un foguete Ariane 5 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa, xunto co satélites Helios 2A e outros cinco microsatélites franceses. O termo nanosatélite fai referencia a satélites artificiais duns poucos quilogramos de masa.[1][3]
Nanosat 01 pesa uns 15 kg ao lanzamento e consiste nunha estrutura hexagonal duns 0,5 m de lado cuberta de células solares capaces de producir ata 20 vatios de potencia. Foi construído polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial.[1][3][4]
Nanosat 01 levaba varios experimentos a bordo, entre eles un para a comunicación en diferido entre lugares remotos, como a Antártida, e o centro de control, situado en Madrid, así como nanosensores solares e magnéticos e un sistema de comunicación óptica interna en infravermellos.[7]