Natália Correia

Modelo:BiografíaNatália Correia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Natália de Oliveira Correia Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Fajã de Baixo (Portugal) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de marzo de 1993 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Lisboa (Portugal) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBiblioteca Pública e Arquivo Regional de Ponta Delgada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea da República de Portugal
1987 –

Circunscrición electoral: Lisboa

Deputado da Asemblea da República de Portugal
1980 –

Circunscrición electoral: Lisboa

Deputado da Asemblea da República de Portugal
1979 –

Circunscrición electoral: Lisboa

Actividade
Campo de traballoPoesía e ensaio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, ensaísta, escritora, xornalista, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Renovador Democrático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiAna Maria Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Metzler Autorinnen Lexikon, (p.106–107) >>>:Correia, Natália Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1190931 Musicbrainz: 19104343-96d2-4bf9-af73-2cb12408cca8 Discogs: 1529785 WikiTree: Oliveira_Correia-1 Find a Grave: 197558289 Editar o valor en Wikidata

Natália de Oliveira Correia, nada en Fajã de Baixo (São Miguel, Azores) o 13 de setembro de 1923 e finada en Lisboa o 16 de marzo de 1993, foi unha intelectual, poetisa e activista social portuguesa, autora dunha extensa e variada obra, predominantemente poesía e antoloxías.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Cando tiña apenas once anos o pai emigrou para o Brasil, quedando Natália coa mai e a irmá en Lisboa, cidade onde fixo estudos de bacharelato. Iniciouse na literatura coa publicación dunha obra destinada ao público infantil-xuvenil, mais rapidamente se afirmou como poetisa.

Natália Correia casou catro veces. Tras dous primeiros curtos casamentos, casou en Lisboa o 31 de decembro de 1953 con Alfredo Luiz Machado (1904-1989), maior que ela e xa viúvo. Este casamento durou até a morte deste, o 17 de febreiro de 1989. Son notábeis as cartas de amor de Natália a Alfredo Luiz Machado. En 1990, tiña Natália 67 anos de idade, celebrou un casamento de conveniencia co seu colaborador e amigo Dórdio Guimarães.[2]

Na madrugada do 16 de marzo de 1993 morreu subitamente dun ataque cardíaco, na súa casa. Legou a maioría dos seus bens á Rexión Autónoma dos Azores, que lle dedicou unha exposición permanente na nova Biblioteca Pública de Ponta Delgada, institución que ten á súa garda parte do seu legado literario, que partilla coa Biblioteca Nacional de Lisboa. Consta este de moitos volumes editados, inéditos, documentos biográficos, iconográficos e correspondencia, incluíndo múltiples obras de arte e a biblioteca privada.[3]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Dotada de talento oratorio pouco corrente e grande coraxe combativa, Natália Correia tomou parte activa nos movementos de oposición ao Estado Novo, participando no MUD (Movimento de Unidade Democrática, 1945), no apoio ás candidaturas para a Presidencia da República do xeneral Norton de Matos (1949) e de Humberto Delgado (1958) e na CEUD (Comisión Electoral de Unidade Democrática, 1969). Foi condenada a tres anos de cárcere, con pena suspendida, pola publicación da Antoloxía da Poesía Portuguesa Erótica e Satírica, considerada ofensiva dos costumes, (1966) e procesada pola responsabilidade editorial das Novas Cartas Portuguesas de Maria Isabel Barreno, Maria Velho da Costa e Maria Teresa Horta.[2]

A intervención política pública de Natália Correia levouna ao parlamento coas listas do PPD (Partido Popular Democrático), pasando a independente. Foi deputada da Asemblea da República Portuguesa entre os anos 1980 e 1991.[4]

Foi autora de polémicas intervencións parlamentares, das cales foi moi coñecida, nun debate sobre o aborto, en 1982, a réplica satírica que fixo a un deputado do CDS sobre a fertilidade del. Interveu politicamente en cultura e patrimonio, na defensa dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres.

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

A obra de Natália Correia esténdese por xéneros variados, dende a poesía Á novela, teatro e ensaio.[5] Colaborou con frecuencia en diversas publicacións portuguesas e estranxeiras. Foi unha figura central das tertulias que reunían en Lisboa nomes centrais da cultura e da literatura portuguesas nas décadas de 1950 e 1960. Ficou coñecida pola súa personalidade libre de convencións sociais, vigorosa e polémica, que se reflicte na súa escrita. A súa obra está traducida a varias linguas.[6]

Notabilizada a través de diversas vertentes da escrita, xa que foi poetisa, dramaturga, novelista, ensaísta, tradutora, xornalista, guionista e editora, tornouse coñecida na prensa escrita e, sobre todo, na televisión, co programa Mátria, onde avogou unha forma especial de feminismo – afastado do concepto politicamente correcto do movemento — o matricismo —, identificador da muller como arquetipo da liberdade erótica e pasional e fonte matricial da humanidade; máis tarde, á noción de Pátria e de Mátria acrecenta a de Frátria.[7]

Foi responsábel da coordinación da Editora Arcádia, unha das grandes editoras portuguesas do seu tempo.

Fundou en 1971, con Isabel Meireles, Júlia Marenha e Helena Roseta, o bar Botequim, onde cantou moitos anos e durante as décadas de 1970 e 1980 se reuniu gran parte da intelectualidade portuguesa.[8] Foi amiga de António Sérgio (esteve asociada ao Movemento da Filosofía Portuguesa), David Mourão-Ferreira (que a chamaba "a irmán que nunca tiven"), José-Augusto França (que a alcumaba "a mais linda muller de Lisboa"), Luiz Pacheco (que a chamaba "esta hierofântide do século XX"), Almada Negreiros, Mário Cesariny (que dicía que "era moito mais linda que a mais bela estatua feminina do Miguel Ângelo"),[9] Ary dos Santos ("beleza sen costura")[10], Amália Rodrigues, Fernando Dacosta, entre moitos outros. Foi unha entusiasmada e grande impulsora da aparición do espectáculo de café-concerto en Portugal, na figura do polémico travestí Guida Scarllaty, o actor Carlos Ferreira, na época un novo arquitecto de quen era grande amiga. Na súa casa, foi anfitrión de escritores famosos como Henry Miller, Graham Greene ou Ionesco.[11]

Foi autora da letra do Himno dos Azores. Xuntamente con José Saramago, Armindo Magalhães, Manuel da Fonseca e Urbano Tavares Rodrigues foi, en 1992, un dos fundadores da Frente Nacional para a Defesa da Cultura (FNDC).[11]

Foi unha das voces máis prominentes da literatura e da cultura portuguesas na segunda metade do século XX, tendo resistido enerxicamente ao Estado Novo e aos radicalismos posteriores ao 25 de abril.[12] Pola súa ousadía verbal e temática Natália Correia foi impedida de publicar algunhas das súas obras durante o réxime salazarista, como é o caso das pezas A Pécora e O Encoberto, violentas desmistificacións dalgúns dos mitos nacionais, onde o lirismo e a sátira se funden no poder exorcizante da palabra.[13]

Obra literaria

[editar | editar a fonte]
  • Rio de Nuvens (1947).
  • Poemas (1955).
  • Dimensão Encontrada (1957).
  • Passaporte (1958).
  • Comunicação (1959). Poema dramático.
  • Cântico do País Emerso (1961).
  • O Vinho e a Lira (1969).
  • Mátria (1967).
  • As Maçãs de Orestes (1970).
  • Trovas de D. Dinis, [Trobas d'el Rey D. Denis] (1970).
  • A Mosca Iluminada (1972).
  • O Anjo do Ocidente à Entrada do Ferro (1973).
  • Poemas a Rebate (1975). Poemas censurados de libros anteriores.
  • Epístola aos Iamitas (1976).
  • O Dilúvio e a Pomba (1979).
  • O Armistício (1985).
  • Sonetos Românticos (1990).
  • O Sol nas Noites e o Luar nos Dias (1993). Poesía completa
  • Memória da Sombra (1993). Versos para esculturas de António Matos.
  • Poesia Completa (1923-1993) (1999). Dom Quixote.
  • Antologia Poética (2002). Dom Quixote.
  • Grandes Aventuras de um Pequeno Herói (1945). Infantil. En 2017, A Bela e o Monstro.
  • Anoiteceu no Bairro (1946). En 2003, Ed. Notícias.
  • A Madona (1968). En 2000, Ed. Notícias.
  • A Ilha de Circe (1983). En 2001, Ed. Notícias.
  • As Núpcias (1992). En 2006, Casa das Letras.

Onde está o Menino Jesus? (1987). Rolim.

Literatura de viaxes

[editar | editar a fonte]
  • Descobri Que Era Europeia: impressões duma viagem à América (1951). En 2002, Ed. Notícias.
  • Não Percas a Rosa. Diário e algo mais (1978). (25 de abril de 1974 - 20 de decembro de 1975). En 2002, Ed. Notícias.
  • Sucubina ou a Teoria do Chapéu (1952). Con Manuel de Lima.
  • O Progresso de Édipo (1957). Poema dramático.
  • D. João e Julieta (1999). Escrita en 1959.
  • O Homúnculo (1965). Traxedua xocosa.
  • O Encoberto (1969). En 2017, A Bela e o Monstro.
  • Erros Meus, Má Fortuna, Amor Ardente (1981).
  • A Pécora (1983). Escrita en 1967.
  • Poesia de Arte e Realismo Poético (1959).
  • A Questão Académica de 1907 (1962).
  • Uma Estátua para Herodes (1974).
  • Notas para uma Introdução às Cantigas de Escárnio e de Mal-Dizer Galego-Portuguesas (1982).
  • Somos Todos Hispanos (1988). En 2003, Ed. Notícias. Libro no que aborda a problemática do iberismo e da relación entre Portugal e España na historia e no seu tempo.[14]
  • Entre a Raiz e a Utopia. Escritos sobre António Sérgio e o Cooperativismo (2018). Ponto de Fuga.

Antoloxías

[editar | editar a fonte]
  • Antologia de Poesia Portuguesa Erótica e Satírica: dos cancioneiros medievais à actualidade (1965). En 2008, Antígona.
  • Cantares dos Trovadores Galego-Portugueses (1970). Estampa.
  • O Surrealismo na Poesia Portuguesa (1973).
  • A Mulher, antologia poética (1973). En 2005, Arte Mágica.
  • Antologia de Poesia do Período Barroco (1982).
  • A Ilha de Sam Nunca: atlantismo e insularidade na poesia de António de Sousa (1982).
  • A Ibericidade na Dramaturgia Portuguesa (2000).
  • Breve História da Mulher e outros escritos (2003). Parceria A. M. Pereira. Antoloxía de textos de prensa.
  • A Estrela de Cada Um (2004). Parceria A. M. Pereira. Antoloxía de textos de prensa.
  • Natália Correia pela Própria (CD-Áudio) (2011). CNM - Companhia Nacional de Música
  • Contos Inéditos e Crónicas de Viagem (2005). Parceria.
  • Não Percas a Rosa / Ó Liberdade, Brancura do Relâmpago (2017). Ponto de Fuga.
  • 1977ː Prémio La Fleur de Laure
  • 1990ː Grande Prémio de Poesia APE, por libro Sonetos Românticos

Condecoracións

[editar | editar a fonte]
  • 1981ːGrande-Oficial da Ordem Militar de Santiago da Espada.[15]
  • 1990ː Grande-Oficial da Ordem da Liberdade.[16]
  1. "Biografia - Natália Correia". escritas.org (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-14. 
  2. 2,0 2,1 "Natália Correia" (en portugués). 2020-04-25. 
  3. "Morreu Natália Correia" (en portugués). Consultado o 2020-06-14. 
  4. "Biografia". www.parlamento.pt. Consultado o 2020-06-14. 
  5. "O Leme - Biografia e Obra de Natália Correia, poetisa portuguesa". www.leme.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-14. 
  6. Cas (2015-05-04). "Poemas y Poetas Portugueses: NATÁLIA CORREIA". Poemas y Poetas Portugueses (en castelán). Consultado o 2020-06-14. 
  7. Portugal, Rádio e Televisão de. "Mátria - Documentários - RTP". www.rtp.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-14. 
  8. "Natália Correia, retrato de uma poetisa desassombrada". Natália Correia, retrato de uma poetisa desassombrada (en portugués). Consultado o 2020-06-14. 
  9. "A primeira vez que vi a Natália Correia foi no São Carlos. Eu estava na galeria ela no segundo balcão. Quando? Ui! Aí pelos anos 1950. Apesar de já não ter muito afecto a senhoras, ia caindo para o lado do espectáculo de beleza que ela apresentava. Era quase extra-humana, era muito mais linda que a mais bela estátua feminina do Miguel Ângelo. Era uma coisa impressionante. Mas era também uma mulher de um desdém muito grande. Cheguei a julgá-la assexuada ou frígida mas parece que não era bem isso…", Mário Cesariny, entrevistado por Carlos Câmara Leme, xornal Público, 16 de marzo do 2003.
  10. "A casaca", en Adereços, Endereços (1965)
  11. 11,0 11,1 "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-14. 
  12. "Natália Correia. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-14. 
  13. Infopédia. "Natália Correia - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-14. 
  14. "Natalia Correira, escritora portuguesa". El País (en castelán). 1993-03-16. ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-14. 
  15. Couto, António (sexta-feira, 13 de setembro de 2019). "História e Memória: Natália Correia (1923-1993)". História e Memória (en portugués). Consultado o 2020-06-14. 
  16. link, Gerar; Facebook; Twitter; Pinterest; E-mail; aplicativos, Outros. "Natália Correia: um sopro de liberdade na poesia portuguesa" (en portugués). Consultado o 2020-06-14.