![]() (2007) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1974 ![]() Sharon, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Bard College (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música ![]() |
Ocupación | fotógrafo , compositor de cancións , guitarrista , músico , produtor musical ![]() |
Xénero artístico | Indie rock ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Guitarra ![]() |
Selo discográfico | Interscope Records ![]() |
Páxina web | yeahyeahyeahs.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Nicholas Joseph Zinner, nado o 8 de decembro de 1974 en Sharon, Massachusetts, é o guitarrista da banda neoiorquina de indie rock Yeah Yeah Yeahs. É coñecido polo seu inconfundible pelo revolto, e o seu aspecto delgado e pálido. Zinner tamén é afeccionado á fotografía.
En maio do ano 2012 a revista Spin situouno no número 89 da súa lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos[1].
Antes de formar Yeah Yeahs Yeahs con Karen O e Brian Chase no ano 2001, Zinner asistiu ao Bard College onde tocou no Boba Fett Experience, que posteriormente cambiaría o seu nome a Challenge of the Future por temor a unha demanda de George Lucas. A banda mudouse a Williamsburg, Brooklyn, a finais dos 90 e separouse en 2001.
Dende o 2001, Zinner colaborou con moitos artistas como TV on the Radio, Har Mar Superstar, Ronnie Spector, The Horrors e Scarlett Johansson. Gravou os teclados e a guitarra en varios temas do álbum de Bright Eyes Digital Ash in a Digital Urn e estivo de xira coa banda.
No ano 2005 Zinner formou unha banda chamada Head Wound City xunto con membros de The Locust e The Blood Brothers.
Zinner produciu a remestura do tema "Compliments" do álbum Silent Alarm Remixed, da banda inglesa Bloc Party, editado no 2005, e tamén remesturou a canción "INRI" de The Plot to Blow Up the Eiffel Tower e "People are Germs" de Single Frame, ademais de aparecer no seu vídeo musical.