No centro da treboada | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | In the Electric Mist |
Director | Bertrand Tavernier |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | In the Electric Mist with Confederate Dead de James Lee Burke |
Intérpretes | |
Música | Marco Beltrami |
Fotografía | Bruno de Keyzer |
Montaxe |
|
Distribuidora | TFM Distribution |
Estrea | Berlinale: 7 de febreiro de 2009 15 de abril de 2009 |
Duración |
|
Orixe | Estados Unidos Francia |
Recadación | 7,9 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
No centro da treboada[2] (en inglés: In the Electric Mist; en francés: Dans la brume électrique) é un filme franco-estadounidense de 2009 dirixido por Bertrand Tavernier. Foi escrito por Jerzy Kromolowski e Mary Olson-Kromolowski baseándose na novela In the Electric Mist with Confederate Dead de James Lee Burke. Está protagonizado por Tommy Lee Jones no papel do detective Dave Robicheaux.[3] No centro da treboada é a secuela do filme de 1996 Prisioneiros do ceo, que tamén é unha adaptación da novela de Burke. O personaxe de Dave Robicheaux naquel momento era un exdetective de homicidios nos pantanos de Luisiana, e foi interpretado por Alec Baldwin.