Northern Exposure | |
---|---|
Formato | comedia/drama |
Dirixido por | varios |
Intérpretes | Rob Morrow, Janine Turner, Barry Corbin, John Corbett, Darren E. Burrows, John Cullum, Doug Ballard, Richard Cumming Jr. |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 110 (6 tempadas) |
Produción | |
Duración | 44 minutos cada capítulo |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBS |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Northern Exposure foi unha serie de televisión norteamericana que emitiu a CBS entre 1990 e 1995, cun total de 110 episodios. A serie estaba ambientada nun pequeno e remoto lugar de Alasca chamado Cicely e comeza cando chega Joel Fleischman (Rob Morrow), un xudeu de Nova York, que fixo a carreira de medicina grazas a unha bolsa de estudos do estado de Alasca e segundo as condicións da bolsa está obrigado a exercer durante catro anos en Alasca.
En España a serie emitiuna a segunda canle de TVE co título de Doctor en Alaska, en castelán.