O home de vime | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Wicker Man |
Director | Robin Hardy |
Produtor | Peter Snell |
Guión | Anthony Shaffer |
Intérpretes | Edward Woodward Britt Ekland Diane Cilento Ingrid Pitt Christopher Lee |
Música | Paul Giovanni |
Fotografía | Harry Waxman |
Montaxe | Eric Boyd-Perkins |
Estudio | British Lion Films |
Distribuidora | British Lion Films |
Estrea | 6 de decembro de 1973[1] |
Duración | 88 minutos[2] |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Terror |
Orzamento | 500 000 libras[3] |
Recadación | 76 701 dólares[4] |
Na rede | |
O home de vime (en inglés: The Wicker Man) é un filme británico de 1973 dirixido por Robin Hardy. Está protagonizado por Edward Woodward, Britt Ekland, Diane Cilento, Ingrid Pitt e Christopher Lee. O guión foi escrito por Anthony Shaffer, inspirado na novela de David Pinner, Ritual. Céntrase na visita do sarxento de policía Neil Howie á illa de Summerisle na procura dunha rapaza desaparecida. Howie, un cristián devoto, espántase ao descubrir que os habitantes da illa abandonaron o cristianismo e agora practican unha forma de paganismo celta. Paul Giovanni compuxo a banda sonora.[5][6]
Estreouse subtitulado en galego o 29 de abril de 2015, no Cineclube de Compostela.[7]
Un policía recibe unha carta anónima sobre a desaparición dunha moza e vai até a remota illa escocesa de Summerisle para investigar o caso. Cando chega, descobre costumes totalmente diferentes das súas crenzas cristiás, xa que os habitantes da illa seguen tradicións pagás. Disposto a resolver o enigma da desaparición e sospeitando o peor, vese involucrado en intrigas arredor dos ritos da festa de Beltane.
Although the company agreed to take the film on, the producers were under instruction to keep to a tight budget of the film under £500,000, small even by early 1970s standards.