O máis forte o mundo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Doragon Bōru Zetto: Kono Yo de Ichiban Tsuyoi Yatsu |
Director | Daisuke Nishio |
Produtor | Chiaki Imada Kōzō Morishita |
Guión | Takao Koyama |
Baseado en | Dragon Ball de Akira ToriyamaMotoaki Ikegami |
Música | Shunsuke Kikuchi |
Fotografía | Motoaki Ikegami |
Montaxe | Shinichi Fukumitsu |
Estudio | Toei Animation |
Distribuidora | Toei Company |
Estrea | 1990 |
Duración | 59 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Filme anterior | A ameaza da zona escura |
Filme seguinte | Superbatalla na Terra |
Na rede | |
http://corp.toei-anim.co.jp/english/film/dragon_ball_z_2_the_strongest.php | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O máis forte do mundo (ドラゴンボールZ この世で一番強いヤツ Doragon Bōru Zetto: Kono Yo de Ichiban Tsuyoi Yatsu?) é un filme de animación xaponés dirixido por Daisuke Nishio que se estreou en 1990. Quinto filme baseado no anime e manga Dragon Ball creado por Akira Toriyama e segundo da etapa Dragon Ball Z.
A historia comeza co doutor Willow, quen é revivido polo doutor Cochin (o seu compañeiro) coa axuda das bólas do Dragón, debido a que o primeiro se atopaba preso no xeo das montañas Tsumisumbri. Dende había varios anos o cerebro do doutor sobrevivía nun corpo robótico, e unha vez ceibo, decidiu roubar o corpo do home máis forte do mundo, pero debido a estar todos estes anos pechado no xeo, el seguía pensando que este era o Mestre Mutenroi. Son Goku e os seus amigos van ó laboratorio dos doutores co obxectivo de salvar ó Mestre Mutenroi, e ó chegar terase que enfrontar contra os robots máis poderosos creados polas ambiciosas mentes dos científicos.
Os Biomen (バイオマン Baioman?) son un grupo de guerreiros creados polo Doutor Cochin e o Doutor Uirō. Son moi semellantes fisicamente ós Saibaimen e ó igual que estes son empregados como soldados prescindibles.
O Doutor Uirō (~ウイロー?), Doutor Willow na tradución ó galego, era un brillante doutor, pero debido ós seus experimentos era considerado como un científico tolo. Para evitala morte decidiu trasladar o seu cerebro a un corpo mecánico. Ó inicio do filme foi revivido polo Doutor Cochin xa que levaba 50 anos enterrado baixo o xeo, ó regresar á vida decide tomar o corpo do home máis forte do mundo, pero é detido por Goku e os seus amigos. Morre por unha Genkidama lanzada por Goku. O seu nome provén dun prato xaponés, Uirō (外郎?).
O Doutor Cochin (Dr.コーチン ~Kōchin?) era o asistente do Doutor Willow, foi quen o reviviu empregando as Bólas máxicas. Aínda que ten a aparencia dun ancián é en realidade un androide, a súa man pódese transformar nunha arma de fogo e o seu bastón dispara raios de enerxía. O seu nome provén dunha raza de galiña xaponesa, Nagoya Cochin (名古屋コーチン Nagoya Kōchin?).
Ebi Fryer (エビフリャー Ebi Furyā?) é unha das creacións do doutor Cochin, é un guerreiro musculoso de pel rosa con cabelo vermello, ten a habilidade de emitir un vento conxelante. O seu nome provén dun prato xaponés, Ebi Fry (海老フライ Ebi Furai?)
Kishīme (キシーメ?) é unha das creacións do Doutor Cochin, é un guerreiro cor verde con marxas vermellas, ten placas nas costas como as dun estegosauro, a súa habilidade é de empregar cargas de electricidade a través dunhas mangueiras que saen dos seus brazos. O seu nome provén dun prato xaponés, Kishimen (棊子麺?)
Miso Kattsun (ミソカッツン?) é unha das creacións do Doutor Cochin, é un enorme guerreiro amarelo e elástico parecido a Buyon. Tamén ten certo parecido con Dodorian. O seu nome provén dun prato xaponés, Miso Katsu (味噌カツ?)
Tema de apertura
Canción intermedia
Tema de peche