![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1924 ![]() San Andrés de Giles, Arxentina (pt) ![]() ![]() |
Morte | 6 de outubro de 1997 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio Jardín de Paz de Pilar ![]() |
Comandante en xefe | |
24 de marzo de 1976 – 25 de xaneiro de 1979 – Omar Graffigna (en) ![]() | |
Jefe del Estado Mayor General de la Fuerza Aérea (en) ![]() | |
1975 – 1979 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Military Aviation School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, oficial ![]() |
Período de actividade | 1944 ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea Arxentina ![]() |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Conflito | Guerra sucia en Arxentina ![]() |
Outro | |
Condenado por | crime de lesa humanidade ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Orlando Ramón Agosti, nado en San Andrés de Giles (provincia de Buenos Aires) en 1924 e finado en Buenos Aires o 7 de outubro de 1997, foi un militar arxentino, membro do Proceso de Reorganización Nacional que gobernou de facto o seu país entre 1976 e 1983 tralo golpe de estado que derrocou á presidenta María Estela Martínez de Perón.
Agosti ingresou en 1947 como alférez da Escola Militar de Aviación. En 1951 tomou parte na frustrada intentona que liderou Benjamín Menéndez contra Juan Domingo Perón; entre esta e a Revolución Libertadora estivo exiliado en Montevideo. A súa carreira militar levouno, co grao de brigadier, á representación diplomática en Estados Unidos e logo na Junta Interamericana de Defensa cara a 1972.
En 1975 recibiu de mans da presidenta o nomeamento de comandante xeneral da Forza Aérea Arxentina. Só tres meses máis tarde, xunto ao tenente xeneral Jorge Rafael Videla polo Exército Arxentino e o almirante Emilio Eduardo Massera pola Armada Arxentina deron o golpe. Escurecido polos seus compañeiros na Xunta, foi o menos implicado nas accións de goberno, e en especial na represión ilegal. En 1979 o brigadier Omar Graffigna substituíuno á fronte da Forza Aérea.
Xulgado trala restauración da democracia, Agosti foi declarado culpable en oito casos de tortura e roubo, e sentenciado a catro anos e seis meses de prisión e destituído do seu cargo. A Corte Suprema de Xustiza, nun fallo polémico, reduciu a pena a tres anos e nove meses de prisión; entrou nela o 24 de outubro de 1984 e cumpriu a súa pena no penal de Magdalena. Procesado aínda polo delito de rebelión, non sería liberado ata maio de 1989. En 1993 solicitou xudicialmente a restitución do seu grao militar, petición que a xustiza lle denegou.
É o único militar que participou na represión ilegal que cumpriu integramente a pena imposta no Xuízo ás Xuntas por esa causa.