Ossip Bernstein (1909) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1882 Zhitomir Ucraína |
Morte | 30 de novembro de 1962 Francia |
Lugar de sepultura | cemiterio de Bagneux |
Educación | Universidade de Heidelberg Universidade Nacional da Carcóvia (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berlín París Heidelberg |
Ocupación | Empresario e xogador de xadrez |
Empregador | Universidade Nacional da Carcóvia (pt) |
Nacionalidade deportiva | Imperio Ruso Francia |
Deporte | xadrez |
Título de xadrecista | Grande Mestre de Xadrez (pt) (1950) |
Participou en | |
1954 | Olimpíada de xadrez de 1954 (pt) |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Ossip Samoilovitch Bernstein, nado o 20 de setembro de 1882 en Zhitomir (Ucraína) e finado o 30 de novembro de 1962 nos Pireneos Franceses, foi un dos máis grandes xadrecistas da historia, que se mantivo nos primeiros dez postos da clasificación mundial desde 1903 ata 1914.
Nado na Rusia imperial no seo dunha familia de orixe xudía, creceu na atmosfera antisemita da Rusia prerrevolucionaria. Obtivo un doutoramento en Dereito en Heidelberg en 1906 e converteuse nun avogado financeiro.
Foi un destacado home de negocios. A súa fortuna inicial perdeuse na Revolución Bolxevique, pero recuperouse ao pouco tempo, acumulando un importante capital que se reduciu a nada durante a Gran Depresión. Amasou unha terceira fortuna, que volveu perder tras a invasión nazi a Francia.
Durante a primeira guerra mundial deixou o país para radicarse en Francia e abandonou o xadrez ata mediados da década de 1930. Porén o prolongado da súa inactividade, empezou a xogar habilmente e ata chegou a facer táboas co entón campión mundial e tamén emigrante Alexander Alekhine (+1 -1 =2). Cando a FIDE introduciu o sistema de títulos oficiais en 1950, Bernstein foi acreditado co de Gran Mestre Internacional.
Bernstein posúe paridade de puntuacións con xogadores excepcionais, como o segundo campión mundial Emanuel Lasker (+2 -2 =1), Akiba Rubinstein (+1 -1 =7), Aron Nimzovitsch (+1 -1 =4), Mijail Chigorin (+1 -1 =0) e Salgo Flohr (=3). Con todo, pareceu estar feito a medida para o terceiro campión mundial José Raúl Capablanca, quen o bateu en tres brillantes partidas e a quen só puido empatar nunha oportunidade en todas as veces que se enfrontaron, entre 1911 e 1914.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ossip Bernstein |