(1902) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ottoline Violet Anne Cavendish-Bentinck 16 de xuño de 1873 Royal Tunbridge Wells, Reino Unido (pt) |
Morte | 21 de abril de 1938 (64 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | St. Winifred's Churchyard (en) |
Educación | Somerville College |
Actividade | |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | pintora, fotógrafa, aristócrata, escritora |
Movemento | Círculo de Bloomsbury |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Philip Morrell (1902–) |
Fillos | Julian Vinogradoff |
Pais | Arthur Cavendish-Bentinck e Augusta Browne, 1st Baroness Bolsover |
Descrito pola fonte | A historical dictionary of British women (en) , (p.323) |
Ottoline Morrell, nada Ottoline Violet Anne Cavendish-Bentinck en Tunbridge Wells o 16 de xuño de 1873 e finada en Londres en 21 de abril de 1938, foi unha aristócrata británica, mecenas, pacifista e anfitrioa da elite cultural do seu tempo. Era sobriña de Elizabeth Bowes-Lyon, máis tarde raíña nai do Reino Unido. En 1902 casou co deputado liberal Philip Morrell. Estudou no Somerville College da Universidade de Oxford.
Lady Ottoline acolleu a numerosos científicos e artistas na súa casa no distrito londiniense de Bloomsbury. Era unha anfitrioa habitual do grupo que máis tarde se coñecería como Círculo de Bloomsbury, que contaba con membros coñecidos como Virginia Woolf, Lytton Strachey, Bertrand Russell, John Maynard Keynes, EM Forster, Duncan Grant e Vanessa Bell. Tivo varios amantes, e mantivo unha relación amorosa con Russell, así como coa pintora Dora Carrington. Durante a primeira guerra mundial, Morrell foi unha dos principais pacifistas. Apoiou aos obxectores de conciencia activos, algúns dos cales tamén pertencían ao grupo de Bloomsbury, e animou a Sigfried Sassoon a presentar a carta contra a guerra no Parlamento. Durante este tempo ela tamén construíu certa reputación como paisaxista.
Morrell foi fonte de inspiración para varias obras literarias da súa época. Modelou para Mrs Bidlake en Point counter Point de Aldous Huxley de 1928 e para Hermione Roddice en Love and Women ( Mulleres namoradas ) de DH Lawrence. Algúns críticos cren que tamén foi a inspiración para o libro de D. H. Lawrence Lady Chatterley's Lover, levado ao cine por Just Jaeckin en 1981 como O amante de Lady Chatterley. [1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ottoline Morrell |