Ouranopithecus Rango fósil: Mioceno | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cranio de Ouranopithecus macedoniensis, Muséum national d'histoire naturelle, París | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Ouranopithecus é un xénero extinto de grandes simios euroasiáticos representado por dúas especies, Ouranopithecus macedoniensis, un hominoide do Mioceno Tardío (hai 9,6–8,7 Ma) de Grecia e Bulgaria,[1][2] e Ouranopithecus turkae, tamén do Mioceno Tardío (8,7–7,4 Ma) de Turquía.[3]
Baseándose na anatomía facial e dental de O. macedoniensis', suxeriuse que Ouranopithecus era realmente un driopitecino. Porén, os ouranopitecinos están probablemente máis estreitamente relacionados cos Ponginae.[4][5] Algúns investigadores consideran que O. macedoniensis é o último antepasado común de simios e humanos,[6] e un predecesor de australopitecinos e humanos,[7] aínda que isto é moi polémico e non está amplamente aceptado. É certo que O. macedoniensis comparte características derivadas con algúns dos primeiros homininos (como o seo frontal, unha cavidade na fronte), pero case con certeza non son especies estreitramente relacionadas.[8] Suxeriuse que pode ser un sinónimo taxsonómico de Graecopithecus freybergi,[9] aínda que isto foi moi discutido na literatura.[10]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ouranopithecus |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |