Palacio de Comunicacións de Madrid | |
---|---|
![]() Fachada do Palacio de Comunicaciones en 2012. | |
Coordenadas | 40°25′07″N 3°41′30″O / 40.418611, -3.691667 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palacio de Comunicaciones (denominado dende 2011 Palacio de Cibeles) é un conxunto integrado por dous edificios de fachada branca situados nun dos centros do Madrid histórico. Eríxense nun lateral da praza de Cibeles, ocupando uns 30.000 metros cadrados do que foron os antigos Jardines del Buen Retiro.[1] A elección do sitio gozou de polémica na súa época por privar a Madrid dun lugar de recreo.[2] A primeira pedra colocouse no ano 1907 e inaugurouse oficialmente o 14 de marzo de 1919, comezando o seu funcionamento como moderna central de distribución de correos, telégrafos e teléfonos. Tras algunhas evolucións arquitectónicas do exterior do edificio (como a ampliación en dous andares cara á rúa e pasaxe de Montalbán), xa no ano 2007 comeza a albergar as dependencias municipais do Concello de Madrid, trasladando as súas dependencias dende a Casa de la Villa e a Casa de Cisneros (ambas situadas na Plaza de la Villa). Esta reforma de comezos do século XXI no edificio inclúe ademais unha área cultural denominada "CentroCentro".
O conxunto é desde o punto de vista da arquitectura española un dos primeiros e máis representativos exemplos de arquitectura modernista erixidos no centro de Madrid.[3] De fachada con evocacións neoplaterescas e do barroco salmantino.[4] O edificio, mediante concurso municipal, foi deseñado polos novos arquitectos españois Antonio Palacios e Joaquín Otamendi Machimbarrena, autores dos proxectos da ponte de Bilbao, o casino de Madrid e a ponte de San Sebastián, como sede para a Sociedad de Correos y Telégrafos de España.[5] Este traballo foi o inicio da fulgurante carreira construtiva de ambos os dous arquitectos. Os motivos decorativos da fachada e do interior foron realizados polo escultor romántico Ángel García Díaz (colaborador habitual de Palacios).[6] Un dos obxectivos do deseño era a construción dun "edificio para o público".
Meu pai acostumaba ir a Madrid por traballo e, nunha desas viaxes, decidiu ir visitar o seu amigo. Palacios estaba preparando sobre unha mesa e a tamaño natural o bosquexo do escudo de España para Correos e o meu pai díxolle "plántalle aí o de Galicia". [1]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de Comunicacións de Madrid |