Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | ||||
Contén a división administrativa | Agualonga (pt) Bico e Cristelo (pt) Castanheira (pt) Cossourado e Linhares (pt) Coura (pt) Cunha (pt) Formariz e Ferreira (pt) Infesta (pt) Insalde e Porreiras (pt) Mozelos (pt) Padornelo (pt) Parada Paredes de Coura e Resende (pt) Romarigães (pt) Rubiães Vascões (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.198 (2011) (66,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 138,19 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 4940 | ||||
Páxina web | paredesdecoura.pt |
Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.
É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 16 freguesías. O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.
O punto máis elevado do municipio sitúase no Corno do Bico, con 883 metros de altitude, na área protexida do mesmo nome.[1]
Dende a reorganización administrativa de 2012/2013, o municipio de Paredes de Coura está composto por 16 freguesías:[2]
Poboación do concello de Paredes de Coura (1801 – 2004) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 |
8963 | 10618 | 13091 | 14412 | 14886 | 11311 | 10442 | 9571 | 9409 |
Dende 1993,[3] organízase anualmente o Festival de Paredes de Coura, un dos festivais musicais máis importantes do norte de Portugal.[4] Celébrase cada agosto na praia fluvial do río Taboão.[4]
Na localidade atópase o Museu Regional de Paredes de Coura, inaugurado en 1997, que procura a conservación e divulgación do patrimonio local.[5][6] Sitúase na antiga Quinta da Veiga, unha casa señorial que data do século XVIII.[5][6] A súa colección céntrase na arqueoloxía e a etnografía do lugar, incluíndo pezas téxtiles, apeiros agrícolas ou achados do próximo Povoado Fortificado de Cossourado.[5][6]