Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1640 Hennebont, Francia |
Morte | 10 de abril de 1706 (66 anos) |
Actividade | |
Ocupación | lingüista |
Orde relixiosa | Orde do Císter |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Paul-Yves Pezron, nado en Hennebont o 20 de xaneiro de 1639 ou 1640[1] e finado o 10 de abril de 1706, foi un monxe, teólogo, cronista e lingüista francés.
Entrou como monxe cisterciense e pronunciou os seus votos en 1662 na abadía de Prières, na parroquia de Billiers (Morbihan), na Bretaña.
Estudou filosofía cos xesuítas en Rennes e teoloxía no Collège des Bernardins de París. Obtivo o doutoramento na Sorbona. Era entón o secretario do padre Jean Jouaud de Prières.[2] Foi profesor no Collège des Bernardins e converteuse no superior deste en 1686.
En 1697 foi elixido abade de La Charmoye, en Montmort-Lucy. É mencionado baixo este título, en agosto de 1699, na correspondencia que mantiña o filósofo Gottfried Wilhelm Leibniz co padre Claude Nicaise.
Antes dos seus estudos históricos e lingüísticos, era coñecido como cronista, especialmente sobre as Sagradas Escrituras e a historia da Antigüidade. En l'Antiquité du temps rétablié... (1687) fai unha dura crítica da obra do monxe beneditino Michel Le Quien.
En febreiro de 1699 escribiulle unha carta ao abade Claude Nicaise, a cal apareceu no seguinte número, en xuño, da Nouvelle République des Lettres. Nela, segundo informa Leibniz, sinala que, vista a antigüidade dos anais chineses e outros indicios máis, cumpriría retroceder ás orixes dos tempos, é dicir, 6000 anos e non 4000, como calcula a Biblia.
En 1703 publicou un traballo para estabelecer a antigüidade superior dos pobos galos en que investigou de que personaxe da Biblia procedían. Concluíu, baseándose no xeógrafo Tolomeo e especialmente en Flavio Xosefo, que todos son fillos de Gomer, filla de Iafet e neta de Noé. Afirmou tamén que estaban próximos aos descendentes dos pobos escitas e dos eslavos por parte de Magog, irmán máis novo de Gomer.
Despois del, os celtas, expresión que lles convén mellor aos estudosos británicos, terían como nome secundario o de gomeritas. Así se pode ver en autores como Théophile-Malo de La Tour d'Auvergne-Corret, Jacques Le Brigant ou François-René de Chateaubriand.
Pezron é o primeiro en definir os pobos galos como un conxunto étnico cunha eminente superioridade. Segundo el, a súa extensión abranguería dende a Bretaña até a Galacia (na actual Turquía), pasando pola Galia e outras áreas de Europa central. É, amais, o primeiro en empregar o termo de "lingua celta".
Canto ás comparacións lingüísticas, Pezron afianza a cuestión da orixe común dos bretóns e dos galeses. Demostra que herdaron unha lingua celta que identifica como galo.[3]
As súas hipóteses sobre o galo antigo e o estabelecemento das xenealoxías dos pobos antigos non se sostiveron co desenvolvemento da investigación. Porén, introduciu a idea, un tanto aventurada, de que se podía facer a historia da Antigüidade con base en feitos lingüísticos contemporáneos.
Edward Lhuyd, especialista galés en linguas celtas, tentou contactar con Pezron por correo durante unha viaxe de estudos á Bretaña en 1701. Devolveu o seu libro a Oxford e traduciuno, xa que o manuscrito fora atopado.[4]A Archælogia Britannica de Lhuyd foi publicada en 1707. Porén, xa en 1701, sabía que Pezron era especialista na lingua bretoa. Malia non coincidir coas súas teses históricas, puido, seguindo a George Buchanan,[5] falar dos celtas, termo non empregado por Pezron. Mostrouse así que as linguas célticas divídense en dúas ramas:
Ambos investigadores, con diferentes técnicas de traballo, introduciron a figura dos celtas modernos dende un criterio lingüístico. Deste xeito, son os precursores do celtismo ou panceltismo.