Peter Hans Kolvenbach

Modelo:BiografíaPeter Hans Kolvenbach

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Druten, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de novembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Beirut, Líbano Editar o valor en Wikidata
29º Superior xeral da Compañía de Xesús
11 de setembro de 1983 – 14 de xaneiro de 2008
← Pedro Arrupe (pt) TraducirAdolfo Nicolás Pachón →
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade San Xosé
Canisius College, Nijmegen (en) Traducir
Pontificio Instituto Oriental
Aloysius College, The Hague (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade San Xosé
Pontificio Instituto Oriental Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX988944

Peter Hans Kolvenbach, nado o 30 de novembro de 1928 en Druten (Países Baixos) e finado o 26 de novembro de 2016 en Beirut (Líbano), foi o 29º xeneral da Compañía de Xesús.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu o 30 de novembro de 1928 en Druten,[1] onde pasou a súa infancia e mocidade, e cursou os seus estudos secundarios no Colexio Canisio de Nijmegen.[1] O 7 de setembro de 1948 comezou o novizado na Compañía de Xesús[1] en Mariendaal. Logo de completar os estudos de Filosofía no Berchmanianum de Nijmegen, foi enviado ao Líbano, onde doutorouse en Teoloxía pola Universidade San Xosé de Beirut. O 29 de xuño de 1961 foi ordenado sacerdote da Igrexa católica armenia.[1]

Pasou os seguintes anos dedicado á investigación, especificamente lingüística. Entre 1964 e 1976 ensinou Lingüística xeral e oriental na Haia e en París, para volver despois a Beirut, onde foi profesor de Lingüística xeral e Armenio na Universidade San Xosé, até 1981, cando foi nomeado reitor do Pontificio Instituto Oriental.

Xeneral dos xesuítas

[editar | editar a fonte]

O 7 de agosto de 1981 o xeneral Pedro Arrupe sufriu unha trombose cerebral no avión de volta a Roma. Malia vivir por dez anos máis, quixo renunciar como xeneral, e propuxo a Vincent O'Keefe como sucesor interino. Porén, o papa Xoán Paulo II interveu e nomeou a Paolo Dezza como interino. Dous anos máis tarde, o mesmo papa permitiu aos xesuítas elixir a un novo xeneral, e na Congregación Xeral da Compañía de setembro de 1983 foi elixido o p. Kolvenbach.

O 2 de febreiro de 2006 Kolvenbach informou á súa congregación da súa intención de renunciar en 2008, ao cumprir 80 anos. O 14 de xaneiro de 2008 a orde aceptou a súa renuncia e elixiu a Adolfo Nicolás como sucesor. Kolvenbach finou en Beirut o 26 de novembro de 2016.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 O'Neill, Charles E.; Domínguez, Joaquín María, eds. (2001). Diccionario histórico de la Compañía de Jesús (en castelán) 2. Universidade Pontificia Comillas. pp. 1705–1706. ISBN 9788484680383.