Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Nova York |
Actividade | |
Ocupación | crítico de cinema, xornalista, magazine writer (en) |
|
Peter Travers é un crítico de cinema estadounidense. Foi o crítico principal das revistas People e, posteriormente, Rolling Stone.
Travers é un dos críticos de cinema máis recoñecidos dos Estados Unidos. Antes de escribir para Rolling Stone, en 1989, Travers foi crítico de cinema para a revista People entre 1984 e 1988. As súas características principais son o seu básico estilo de escritura que realiza unha análise sofisticada, doada de ler e con moitas opinións. Travers tamén traballou como crítico dos Premios Óscar. Declarou que O padriño é o seu filme favorito. Algúns dos directores contemporáneos ós que admira son: Martin Scorsese, David Lynch, Quentin Tarantino, Alexander Payne, Tim Burton, Clint Eastwood, Peter Jackson, Pedro Almodóvar e Ang Lee.[1][2]