Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Múnic, Alemaña |
Educación | Universidade de Namur Universidade de Roma La Sapienza |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria, física |
Empregador | Universidade de Groningen |
Membro de | |
Premios | |
| |
Sitio web | rug.nl… |
Petra Rudolf, nada en Múnic, Alemaña, en 1957, é unha física do estado sólido. É catedrática na Universidade de Groningen, Países Baixos. Desde 2018 é a Presidenta da Sociedade Europea de Física (EPS).[1]
Petra Rudolf estudou física na Universidade Sapienza de Roma, onde se especializou en física do estado sólido. En 1987 uniuse ao Laboratorio Nacional de Ciencia de Superficies (TASC INFM). En 1993 mudouse á Universidade de Namur, Bélxica, onde recibiu o seu doutoramento en 1995 e logo pasou de investigadora posdoutoral a profesora antes de ocupar a cátedra de Física Experimental do Estado Sólido na Universidade de Groningen (2003), onde dirixe o grupo Surfaces and Thin Films do Zernike Institute for Advanced Materials. Os seus principais intereses na investigación céntranse nas áreas da física da materia condensada e a ciencia de superficies.[2]
Ademais da súa investigación, Rudolf tamén é moi activa na difusión do coñecemento[3][4] e sobre como os nesgos inconscientes impactan nas carreiras das mulleres na ciencia, e como mitigar esa influencia a través da defensa de programas de acción positiva. Os esforzos de Rudolf e os seus colegas foron fundamentais para instaurar o programa de bolsas Rosalind Franklin na Universidade de Groningen, que foi recoñecido co Premio á Diversidade 2018 da Asociación de Física dos Países Baixos.[5]
A investigación de Petra Rudolf céntrase na física de superficies de películas finas orgánicas, motores moleculares, nanocompostos, así como materiais 2D, para comprender mellor os fenómenos físicos e para posibles innovacións tecnolóxicas.[6][7]
En 2018, Petra Rudolf foi elixida presidenta da European Physical Society (EPS).
Tamén foi Presidenta da Sociedade Belga de Física en 2000/2001 e foi elixida membro da Academia Alemá de Ciencias e Enxeñaría, membro honorario da Sociedade Física Italiana, membro do Instituto de Física e Fellow da American Physical Society.
Polo seu traballo en motores moleculares, recibiu o Premio Descartes 2007 da Comisión Europea.[8]
En 2013 foi nomeada Oficial da Orde de Orange Nassau pola S. M. Raíña Beatriz dos Países Baixos.[9]
A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |