Pink Mountaintops | |
---|---|
Pink Mountaintops en 2009 | |
Orixe | Vancouver, Canadá |
Período | 2003 - presente |
Xénero(s) | rock psicodélico, folk rock, rock experimental, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Jagjaguwar, Low Transit Industries |
Membros | Stephen McBean |
Na rede | |
pinkmountaintops.com | |
Pink Mountaintops é unha banda canadense de rock alternativo formada en Vancouver en 2003 e liderada por Stephen McBean, único membro constante.[1] O grupo naceu como un proxecto en solitario de McBean, pero funciona como un proxecto colaborativo no que participan outros moitos músicos.[2]
O primeiro álbum do grupo, Pink Mountaintops, foi lanzado en 2004 polo selo Jagjaguwar e conta con Amber Webber e Joshua Wells. Os seus temas van dende o country alternativo ata o indie rock.[3] O seu segundo traballo, Axis of Evol, apareceu en 2006.
O seu terceiro disco, Outside Love, incluíu colaboracións de membros doutras bandas, como Godspeed You! Black Emperor e Jackie O Motherfucker.[2] O cuarto álbum de estudio de Pink Mountaintop, Get Back, foi lanzado en 2014. Entre os músicos que colaboraron atópanse Annie Hardy, Greg Foremann, e Rob Barbato. O disco foi gravados nos Ánxeles e producido por Joe Cardamone.[4]
O seu derradeiro álbum ata a data, Peacock Pools, foi editado en 2022 polo selo ATO Records, desta vez coa axuda de músicos de bandas como Destroyer, Ty Segall, Black Mountain, Melvins ou Redd Kross.[5]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Pink Mountaintops | 2004 | Jagjaguwar |
Axis of Evol | 2006 | Jagjaguwar |
Outside Love | 2009 | Jagjaguwar |
Get Back | 2014 | Jagjaguwar |
Peacock Pools | 2022 | ATO Records |