Piráti Chomutov | |
---|---|
Fundación | 1945 |
Cidade | Chomutov, Ústí nad Labem República Checa |
Estadio | ČEZ Arena (5.250 espectadores) |
Liga | Extraliga Checa |
Adestrador | Jiří Čelanský |
Cores | Vermello, azul e branco |
Na rede | |
https://www.piratichomutov.cz/ | |
O Piráti Chomutov é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Chomutov, República Checa. O club foi fundado en 1945 e dende a tempada 2012-13 compite na Extraliga Checa, a máxima categoría do hóckey sobre xeo checo. Xoga os seus partidos como local no ČEZ Arena, un pavillón con capacidade para 5.250 espectadores.
O club foi fundado en 1945. Na tempada 1950-51, o Piráti Chomutov ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo de Checoslovaquia, onde permaneceu ata a tempada 1963-64. En 1967 ascendeu novamente á máxima categoría, mais descendeu outra vez ese mesmo ano. En 1984 o club descendeu á terceira categoría. En 1997 comprou a licenza para competir na 1. národní hokejová liga (segunda categoría) ao HC Slovan Ústečtí Lvi.
Tras gañar a 1. národní hokejová liga na tempada 2011-12, o Piráti Chomutov volveu á máxima categoría, a Extraliga Checa.
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |