Polideportivo Pisuerga | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°37′53″N 4°44′41″O / 41.63138889, -4.74472222 |
Localización | Valladolid, España |
Construción | |
Inauguración | 1985 |
Estadio | |
Capacidade | 6.300 espectadores |
Propietario | Ayuntamiento de Valladolid |
Localía | CB Valladolid (ACB) |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pavillón Polideportivo Pisuerga é un pavillón cuberto multiúsos, situado na cidade española de Valladolid. É propiedade municipal, e foi construído en 1985 para albergar o Campionato do Mundo de Ximnasia. Ten aforamento para 6.300 espectadores. Está situado na Praza de México s/n.
Normalmente serve como sede para os partidos do principal equipo de baloncesto da cidade, o Club Baloncesto Valladolid. Tamén alberga, en ocasións, partidos do Balonmano Valladolid. Nel celebráronse dúas copas do rei de baloncesto á parte dun torneo de tenis ao que acudiron os mellores tenistas do panorama nacional, xunto con outros moitos acontecementos.