Pro Evolution Soccer 2009 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Konami |
Distribuidora(s) | Konami |
Lanzamento | 17 de outubro de 2008 |
Xénero | jogo eletrônico de futebol |
Modos de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO |
Plataforma(s) | Wii, Xbox 360, PlayStation 2, PlayStation 3, Microsoft Windows e PlayStation Portable |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pro Evolution Soccer 2009, coñecido abreviadamente como PES 2009 é un videoxogo da serie Pro Evolution Soccer de Konami. As primeiras imaxes do xogo foron mostradas o 23 de xuño de 2008. Lanzado para os seguintes sistemas: Windows (PC), Wii, Nintendo DS, PlayStation 3, PlayStation 2, PlayStation Portable e Xbox 360.
UEFA Champions League: Enfronta o club de elección do usuario contra a elite do fútbol europeo. O sistema de xogo é o habitual da champions league cos 32 equipos que participan nunha fase inicial de 8 grupos, con 4 equipos por grupo, clasificándose a oitavos de final os 2 primeiros de cada grupo. A novidade deste modo é que ten moitas das características do certame europeo: marcadores, vallas e publicidade, logos, e mesmo emula a inauguración de cada partido de Champions League nos cales é típico pendurar dende o alto do estadio teas cos patróns de deseño dos escudos dos equipos que xogarán.
As críticas da prensa foron xeralmente boas, pero inferiores ás obtidas en edicións anteriores da serie Pro Evolution Soccer (por exemplo a edición do 2007 recibiu en Metacritic un 88[1] e a versión de 2009 un 79[2]). Para as distintas versións do xogo as cualificacións e vendas foron: