Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1979 (44 anos) Toronto, Canadá |
Educación | Forest Hill Collegiate Institute |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, VJ, compositor, actor de televisión |
Período de actividade | 1995 - |
Familia | |
Pais | Don Francks e Lili Francks |
Irmáns | Cree Summer |
Sitio web | gateworld.net… |
|
Rainbow Sun Francks, nado o 3 de decembro de 1979 en Toronto, Ontario, é un actor e cantante canadense.
É fillo do tamén actor e músico Don Francks e de Lili Francks, unha bailarina descendente dos cree das Primeiras Nacións. Tamén é o irmán de Cree Summer.
Durante un tempo foi unha personalidade en MuchMusic, unha canle de televisión canadense de música e variedades. O pulo como actor chegoulle da man da serie de televisión Stargate Atlantis, onde protagonizou a primeira tempada como o Tenente da Mariña dos Estados Unidos Aiden Ford. O seu personaxe foi minguando en aparicións ata ficar como personaxe recorrente a partir da segunda tempada.
No ámbito musical, é produtor do grupo de hip hop coñecido como The Oddities.
Actor | |||
---|---|---|---|
Ano | Filme | Personaxe | Notas |
1995 | Black Fox: The Price of Peace | como Frank Johnson | |
Black Fox: Good Men and Bad | como Frank Johnson | ||
1997 | The Planet of Junior Brown | como Buddy Clark | |
1999 | One Heart Broken Into Song | como Hank Johnson | |
2000 | Love Come Down | como Julian | |
Love Song | como Calvin Dumas | ||
2001 | Twice in a Lifetime | como Jimmy | |
2003 | Electric Circus | Convidado | (2002–2003) |
2004 | Preview to Atlantis | como Aiden Ford | |
From Stargate to Atlantis: Sci Fi Lowdown | como Aiden Ford | ||
Stargate Atlantis | como Aiden Ford | ||
2006 | This Space for Rent | como Barnaby Sharpe | |
2007 | Aliens vs. Predator: Requiem | como Earl | |
2011 | The Listener | como Dev Clark |