Razorblade Suitcase é o segundo álbum da banda británica de post-grunge Bush, publicado o 19 de novembro de 1996 a través do selo Trauma Records. Foi a continuación do seu multi-platino Sixteen Stone e estreouse no número 1 da lista Billboard 200, vendendo 293 000 copias durante a súa primeira semana nos Estados Unidos.[1] Ata a data segue sendo o único disco de Bush en chegar ao posto máis alto da Billboard 200.[2] Gravado nos Abbey Road Studios de Londres co enxeñeiro/produtor Steve Albini, o son do álbum comparouse ao do In Utero de Nirvana, que tamén foi producido e gravado por Albini.[3][4]
O disco foi reeditado coincidindo co seu 20 aniversario, titulándoo oficialmente Razorblade Suitcase (In Addition). Foi publicado dixitalmente o 16 de decembro de 2016,[5] e en vinilo o 10 de febreiro de 2017.[6] A reedición inclúe o álbum remasterizado e catro rarezas extra: "Broken TV", "Old", "Sleeper" e "Bubbles". Antes deste lanzamento, tres das catro cancións extra foran publicadas como caras b ou incluídas en recompilatorios, pero "Sleeper" tratábase dun tema inédito.[7]
Todos os temas compostos por Gavin Rossdale[8]
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Personal Holloway" |
3:23 |
2. |
"Greedy Fly" |
4:30 |
3. |
"Swallowed" |
4:51 |
4. |
"Insect Kin" |
4:27 |
5. |
"Cold Contagious" |
6:00 |
6. |
"A Tendency to Start Fires" |
4:04 |
7. |
"Mouth" |
5:45 |
8. |
"Straight No Chaser" |
4:02 |
9. |
"History" |
4:17 |
10. |
"Synapse" |
4:52 |
11. |
"Communicator" |
4:25 |
12. |
"Bonedriven" |
4:32 |
13. |
"Distant Voices – remata en 5:16; inclúe canción oculta" |
6:20 |
61:43 |
Edición xaponesa |
N.º |
Título |
Duración |
14. |
"Broken TV" |
4:28 |
Reedición do 20 aniversario |
N.º |
Título |
Duración |
14. |
"Old" |
2:50 |
15. |
"Broken TV" |
4:26 |
16. |
"Sleeper" |
4:19 |
17. |
"Bubbles" |
3:02 |
- "23 Seconds" (canción oculta)
- "A Tendency to Start Fires", "Straight No Chaser" e "Synapse" non aparecen na versión en vinilo debido a restrucións de tempo.