Raül Romeva i Rueda, nado en Madrid o 12 de marzo de 1971[1] é un analista e político catalán, conselleiro de Asuntos e Relacións Institucionais e Exteriors e Transparencia da Generalitat de Cataluña (2016-2017).[2] Foi destituído o 28 de outubro de 2017, polo Goberno de España en aplicación do artigo 155 da Constitución española de 1978.
Foi deputado no Parlamento de Cataluña dende 2015, onde se presentou como cabeza de lista pola circunscrición de Barcelona da candidatura independentista Junts pel Sí. Foi deputado no Parlamento Europeo (2004-2014) por Iniciativa per Catalunya Verds, adscrito no Grupo Parlamentario Os Verdes/Alianza Libre Europea.
O 14 de outubro de 2019, o Tribunal Supremo de España emitiu a sentenza do seu xuízo, que o condenou a 12 anos de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.[3]