Real Academia de Ciencias Morais e Políticas

Escudo da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas

A Real Academia de Ciencias Morais e Políticas (en español, Real Academia de Ciencias Morales y Políticas), creada en 1857, é unha das oito Reais Academias que hai en España e que forman o Instituto de España (xunto coa Real Academia Española, Real Academia da Historia, Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Real Academia Nacional de Medicina, Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e a Real Academia Nacional de Farmacia).

A Academia é un foro de encontro de personalidades relevantes nas ciencias sociais, económicas, filosóficas políticas e xurídica que se configura coma un espazo de debate sobre ideas e cuestións centrais da nosa sociedade, coma un centro difusor de coñecemento e coma un laboratorio de investigación e de crítica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creouse aos vinte días despois de aprobar a Lei de Instrución Pública mediante un Real Decreto do 30 de setembro de 1857 durante o reinado de Isabel II de España.

O propósito desta institución era "cultivar a ciencia moral e política",[1][2] e o seu obxectivo era reunir todo o movemento político e social da época, arredor dun modelo semellante ao inspirado pola Real Academia da Historia. Daquela, fóronse incorporando membros destacados da era isabelina como o progresista Salustiano de Olózaga Almandoz ou os máis moderados Juan Bravo Murillo e Modesto Lafuente y Zamalloa, xunto con investigadores en ciencias sociais.

A directiva da Academia está composta por un presidente e outros cinco membros que exercen funcións executivas e aseguran o cumprimento dos estatutos e regulamentos. A Xunta está composta por académicos e as súas funcións son a elección da directiva e do seu presidente por un período de tres anos e distribuír aos académicos nas comisións e seccións, que en 2006 foron as de ciencias filosóficas, ciencias políticas e xurídicas, ciencias sociais e ciencias económicas. Ademais das permanentes, a Academia pode crear comisións provisionais para temas específicos e posúe unha biblioteca con máis de cen mil volumes.

A súa sede está situada dende a súa fundación en Madrid, na Casa y Torre de los Lujanes (o edificio civil máis antigo de Madrid),[3] na que, nos primeiros anos compartiu os espazos coa Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e coa Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País.[4]

Ao longo da súa historia foron membros da Academia políticos e xuristas como Francisco Martínez de la Rosa, Antonio Alcalá Galiano, Antonio Cánovas del Castillo, o Conde de Toreno, Julian Besteiro, Faustino Rodríguez-San Pedro, Manuel Fraga Iribarne, Manuel Jiménez de Parga, Gregorio Peces-Barba e outras personalidades de diferentes especialidades en ciencias sociais como Antonio Cavanilles y Centi, Marcelino Menéndez Pelayo, José Ortega y Gasset, Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, Salvador de Madariaga ou Enrique Fuentes Quintana .

Desde xaneiro de 2015 está presidida por Juan Velarde Fuertes.

Académicos numerarios

[editar | editar a fonte]

(Datos de agosto de 2015) [5]

Medalla nº Nome Académico dende Precedido por
18 Miguel García-Baró López 2018 Mariano Álvarez Gómez
43 Pablo Lucas Murillo de la Cueva 2017 Óscar Alzaga Villaamil
24 Salustiano del Campo Urbano 1980 Luis Olariaga Pujana
6 Heliodoro Carpintero Capell 2000 Víctor García Hoz
15 Pedro Cerezo Galán 1997 Mariano Yela Granizo
34 Adela Cortina Orts 2008 Antonio Millán Puelles
40 José Luis García Delgado 2002 ---
17 Olegario González de Cardedal 1986 José Ignacio de Alcorta y Echevarría
19 Fernando Vallespín Oña 2019 Jesús González Pérez
26 Juan Díez Nicolás 2018 Luis González Seara
30 Diego Gracia Guillén 2011 Ángel González Álvarez
4 Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón 1991 Manuel García-Pelayo
16 Julio Iglesias de Ussel 2006 Sebastián Martín-Retortillo Baquer
44 Emilio Lamo de Espinosa Michels de Champourcin 2010 ---
25 Landelino Lavilla Alsina 2006 Íñigo Cavero Lataillade
2 Carmelo Lisón Tolosana 1992 Carmelo Viñas Mey
31 Alfonso López Quintás 1986 Carlos Ruiz del Castillo y Catalán de Ocón
9 Araceli Mangas Martín 2014 Juan Antonio Carrillo Salcedo
3 Raúl Morodo Leoncio 2013 Pablo Lucas Verdú
14 Santiago Muñoz Machado 2012 Juan Berchmans Vallet de Goytisolo
13 Agustín Muñoz-Grandes Galilea 2010 Sabino Fernández Campo
38 Dalmacio Negro Pavón 1995 ---
7 Alejandro Nieto García 2007 Fernando Garrido Falla
11 Alfonso Novales Cinca 2009 Enrique Fuentes Quintana
35 Andrés Ollero Tassara 2008 Gonzalo Fernández de la Mora y Mon
32 Marcelino Oreja Aguirre 2001 José María de Areilza y Martínez de Rodas
10 Benigno Pendás García 2014 Luis Ángel Rojo Duque
42 Gregorio Robles Morchón 2009 ---
33 Antonio María Rouco Varela 2001 Rodrigo Fernández-Carvajal González
1 José Ángel Sánchez Asiaín 1986 José María de Oriol y Urquijo
36 Ricardo Sanmartín Arce 2010 Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo
29 Pedro Schwartz Girón 2005 Mariano Navarro Rubio
12 José María Segovia de Arana 1998 Primitivo de la Quintana López
5 Julio Segura Sánchez 1992 Gonzalo Arnáiz Vellando
23 José María Serrano Sanz 2004 José Castañeda Chornet
21 Fernando Suárez González 2007 Manuel Alonso Olea
41 Ramón Tamames Gómez 2013 Fabià Estapé Rodríguez
39 Jaime Terceiro Lomba 1996 ---
20 Juan Velarde Fuertes 1978 Fernando María Castiella y Maíz
37 Juan Miguel Villar Mir 2013 Andreu Mas-Colell
8 Juan Arana Cañedo-Argüelles 2015 José Luis Pinillos Díaz
22 José Manuel González-Páramo 2015 José Barea Tejeiro
27 Francesc de Carreras i Serra 2015 Manuel Jiménez de Parga y Cabrera
28 Rodolfo Martín Villa 2013 Manuel Fraga Iribarne
  1. Pérez de Lama (1999), p. 229
  2. "Historia". racmyp.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-03-2020. Consultado o 28-3-2020. 
  3. "La Academia". racmyp.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-03-2020. Consultado o 28-3-2020. 
  4. "Sede, historia del edificio". racmyp.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29-03-2020. Consultado o 28-3-2020. 
  5. Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (ed.). "Académicos Numerarios". racmyp.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03-06-2020. Consultado o 28-3-2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]