A Real Academia de Ciencias Morais e Políticas (en español, Real Academia de Ciencias Morales y Políticas), creada en 1857, é unha das oito Reais Academias que hai en España e que forman o Instituto de España (xunto coa Real Academia Española, Real Academia da Historia, Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Real Academia Nacional de Medicina, Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e a Real Academia Nacional de Farmacia).
A Academia é un foro de encontro de personalidades relevantes nas ciencias sociais, económicas, filosóficas políticas e xurídica que se configura coma un espazo de debate sobre ideas e cuestións centrais da nosa sociedade, coma un centro difusor de coñecemento e coma un laboratorio de investigación e de crítica.
Creouse aos vinte días despois de aprobar a Lei de Instrución Pública mediante un Real Decreto do 30 de setembro de 1857 durante o reinado de Isabel II de España.
O propósito desta institución era "cultivar a ciencia moral e política",[1][2] e o seu obxectivo era reunir todo o movemento político e social da época, arredor dun modelo semellante ao inspirado pola Real Academia da Historia. Daquela, fóronse incorporando membros destacados da era isabelina como o progresista Salustiano de Olózaga Almandoz ou os máis moderados Juan Bravo Murillo e Modesto Lafuente y Zamalloa, xunto con investigadores en ciencias sociais.
A directiva da Academia está composta por un presidente e outros cinco membros que exercen funcións executivas e aseguran o cumprimento dos estatutos e regulamentos. A Xunta está composta por académicos e as súas funcións son a elección da directiva e do seu presidente por un período de tres anos e distribuír aos académicos nas comisións e seccións, que en 2006 foron as de ciencias filosóficas, ciencias políticas e xurídicas, ciencias sociais e ciencias económicas. Ademais das permanentes, a Academia pode crear comisións provisionais para temas específicos e posúe unha biblioteca con máis de cen mil volumes.
A súa sede está situada dende a súa fundación en Madrid, na Casa y Torre de los Lujanes (o edificio civil máis antigo de Madrid),[3] na que, nos primeiros anos compartiu os espazos coa Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e coa Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País.[4]
Ao longo da súa historia foron membros da Academia políticos e xuristas como Francisco Martínez de la Rosa, Antonio Alcalá Galiano, Antonio Cánovas del Castillo, o Conde de Toreno, Julian Besteiro, Faustino Rodríguez-San Pedro, Manuel Fraga Iribarne, Manuel Jiménez de Parga, Gregorio Peces-Barba e outras personalidades de diferentes especialidades en ciencias sociais como Antonio Cavanilles y Centi, Marcelino Menéndez Pelayo, José Ortega y Gasset, Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, Salvador de Madariaga ou Enrique Fuentes Quintana .
Desde xaneiro de 2015 está presidida por Juan Velarde Fuertes.
(Datos de agosto de 2015) [5]
Medalla nº | Nome | Académico dende | Precedido por |
---|---|---|---|
18 | Miguel García-Baró López | 2018 | Mariano Álvarez Gómez |
43 | Pablo Lucas Murillo de la Cueva | 2017 | Óscar Alzaga Villaamil |
24 | Salustiano del Campo Urbano | 1980 | Luis Olariaga Pujana |
6 | Heliodoro Carpintero Capell | 2000 | Víctor García Hoz |
15 | Pedro Cerezo Galán | 1997 | Mariano Yela Granizo |
34 | Adela Cortina Orts | 2008 | Antonio Millán Puelles |
40 | José Luis García Delgado | 2002 | --- |
17 | Olegario González de Cardedal | 1986 | José Ignacio de Alcorta y Echevarría |
19 | Fernando Vallespín Oña | 2019 | Jesús González Pérez |
26 | Juan Díez Nicolás | 2018 | Luis González Seara |
30 | Diego Gracia Guillén | 2011 | Ángel González Álvarez |
4 | Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón | 1991 | Manuel García-Pelayo |
16 | Julio Iglesias de Ussel | 2006 | Sebastián Martín-Retortillo Baquer |
44 | Emilio Lamo de Espinosa Michels de Champourcin | 2010 | --- |
25 | Landelino Lavilla Alsina | 2006 | Íñigo Cavero Lataillade |
2 | Carmelo Lisón Tolosana | 1992 | Carmelo Viñas Mey |
31 | Alfonso López Quintás | 1986 | Carlos Ruiz del Castillo y Catalán de Ocón |
9 | Araceli Mangas Martín | 2014 | Juan Antonio Carrillo Salcedo |
3 | Raúl Morodo Leoncio | 2013 | Pablo Lucas Verdú |
14 | Santiago Muñoz Machado | 2012 | Juan Berchmans Vallet de Goytisolo |
13 | Agustín Muñoz-Grandes Galilea | 2010 | Sabino Fernández Campo |
38 | Dalmacio Negro Pavón | 1995 | --- |
7 | Alejandro Nieto García | 2007 | Fernando Garrido Falla |
11 | Alfonso Novales Cinca | 2009 | Enrique Fuentes Quintana |
35 | Andrés Ollero Tassara | 2008 | Gonzalo Fernández de la Mora y Mon |
32 | Marcelino Oreja Aguirre | 2001 | José María de Areilza y Martínez de Rodas |
10 | Benigno Pendás García | 2014 | Luis Ángel Rojo Duque |
42 | Gregorio Robles Morchón | 2009 | --- |
33 | Antonio María Rouco Varela | 2001 | Rodrigo Fernández-Carvajal González |
1 | José Ángel Sánchez Asiaín | 1986 | José María de Oriol y Urquijo |
36 | Ricardo Sanmartín Arce | 2010 | Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo |
29 | Pedro Schwartz Girón | 2005 | Mariano Navarro Rubio |
12 | José María Segovia de Arana | 1998 | Primitivo de la Quintana López |
5 | Julio Segura Sánchez | 1992 | Gonzalo Arnáiz Vellando |
23 | José María Serrano Sanz | 2004 | José Castañeda Chornet |
21 | Fernando Suárez González | 2007 | Manuel Alonso Olea |
41 | Ramón Tamames Gómez | 2013 | Fabià Estapé Rodríguez |
39 | Jaime Terceiro Lomba | 1996 | --- |
20 | Juan Velarde Fuertes | 1978 | Fernando María Castiella y Maíz |
37 | Juan Miguel Villar Mir | 2013 | Andreu Mas-Colell |
8 | Juan Arana Cañedo-Argüelles | 2015 | José Luis Pinillos Díaz |
22 | José Manuel González-Páramo | 2015 | José Barea Tejeiro |
27 | Francesc de Carreras i Serra | 2015 | Manuel Jiménez de Parga y Cabrera |
28 | Rodolfo Martín Villa | 2013 | Manuel Fraga Iribarne |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Real Academia de Ciencias Morais e Políticas |