O Real Canoe Natación Club é unha entidade deportiva da cidade de Madrid, España, centrada principalmente na natación e no wáter-polo aínda que tamén está presente en deportes coma o rugby, o baloncesto, a natación sincronizada ou os saltos de trampolín.
O club como entidade fundouse no ano 1930, presidido por Julián López e como fusión do Clun Natación Atlético e o Canoë Club [1], constituíndo así a formación do club máis devanceiro da natación e o wáter-polo madrileño.
O club milita actualmente na División de Honor de Wáter-polo, logrando importantes clasificacións incluíndo dous campionatos nas tempadas 1998-1999 e 1999-2000. Ademais rematou subcampión na Copa do Rei en varias ocasións. Constitúe o único equipo non catalán que conseguiu facerse co título de liga.