Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1980 (44 anos) Pensacola, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Woodham High School (en) Universidade de Iowa Coffeyville Community College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 111 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Reginald Jamaal "Reggie" Evans, nado en Pensacola, Florida o 18 de maio de 1980, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente é axente libre.
Evans asistiu ó Coffeyville Community College en Coffeyville, Kansas, do ano 1998 ata o 2000, cando se trasladou á Universidade de Iowa. En 2001, Evans liderou ó país en tiros libres intentados, tiros libres anotados, e dobre-dobres. Liderou a Big Ten Conference en rebotes en 2001 e en 2002, foi nomeado MVP do Torneo da Big Ten en 2001, e foi incluído no segundo Equipo All-Big Ten en 2002.
Asinou cos Seattle SuperSonics coma axente libre, onde se deu a coñecer pola súa capacidade reboteadora. Na tempada 2004-05, liderou a liga en rebotes por minutos xogados, tras rematar entre os 10 primeiros nas dúas tempadas anteriores. Malia xogar menos de 24 minutos por encontro, rematou noveno en toda a liga en rebotes totais.
A mellor tempada de Evans viuse freada o 3 de xaneiro de 2006, cando os Sonics destituíron ó adestrador Bob Weiss, e puxeron ó asistente Bob Hill no seu lugar. No novo sistema de Hill, Evans perdeu o posto de titular e os seus minutos reducíronse drasticamente.
O 23 de febreiro de 2006, os Sonics traspasaron a Evans ós Denver Nuggets.[1] Nos seus cinco primeiros partidos cos Nuggets, Evans xogou máis minutos que nos seus 21 derradeiros encontros cos Sonics.
O 10 de marzo de 2006, contra os Toronto Raptors, Evans capturou 20 rebotes sen anotar ningún punto. Converteuse no primeiro xogador en facer 20 rebotes e 0 puntos dende que o fixera Dennis Rodman o 15 de decembro de 1997 contra os Phoenix Suns.
O 10 de setembro de 2007, Evans foi traspasado xunto ós dereitos do Draft de Ricky Sánchez ós Philadelphia 76ers, a cambio de Steven Hunter e Bobby Jones.[2]
Evans foi o ala-pivote titular dos Sixers na tempada 2007-08. Con el, os Sixers pasaron de ser o peor equipo reboteador da liga, a estar nos 15 equipos con máis rebotes.[3] Evans tan só se perdeu un partido en toda a tempada, e foi titular en máis partidos que nas súas dúas tempadas en Denver.
O 9 de xuño de 2009, Evans foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Jason Kapono.[4] Comezou a tempada cunha lesión nun pé, e non debutou cos Raptors ata o 10 de febreiro de 2010. O 24 de novembro de 2010, Evans conseguiu a maior cantidade de rebotes da súa carreira, ó capturar 22 na vitoria dos Raptors sobre os Philadelphia 76ers por 106-90.
O 22 de decembro de 2011, Evans asinou un contrato dun ano cos Los Angeles Clippers.[5] Rematou a tempada con 1.9 puntos e 4.8 rebotes en 13.8 minutos por partido, xogando nun total de 56 encontros.[6]
O 11 de xullo de 2012, Evans foi traspasado ós Brooklyn Nets nun sign-and-trade.[6][7] Na súa primeira tempada cos Nets, Evans xogou 80 partidos, 56 deles coma titular, e acadou por segunda vez na súa carreira máis de 10 rebotes por encontro, con 11.1.
O 19 de febreiro de 2014, Evans foi traspasado xunto a Jason Terry ós Sacramento Kings a cambio de Marcus Thornton.[8]