Resident Evil Gaiden

Resident Evil Gaiden
Desenvolvedor(es)Capcom
Lanzamento14 de decembro de 2001
Xénerovideoxogo de acción e aventura
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Game Boy Color
Na rede
http://tomcat.capcom.co.jp/search/gameindex.php?NUTITLEID=20020307150015
IMDB: tt0457289 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Resident Evil Gaiden é un videoxogo producido e distribuído por Capcom, pertencente á serie Resident Evil. Foi lanzado no ano 2002 para a Nintendo Game Boy Color.

Despois dos feitos acontecidos durante Resident Evil 2, unha serie de superviventes do incidente de Raccoon City crean unha organización de sabotaxe á Corporación Umbrella. Descobren que Umbrella transporta un experimento biolóxico (BOW) nun barco e deciden interceptalo. A bordo soben Leon S Kennedy (un dos protagonistas de Resident Evil 2) e Barry (un dos protagonistas de Resident Evil), que atopan un abrocho do virus T. Xunto ao barco chega ademais, un submarino de Umbrella. Tras diversos combates, o navío foi destruído e Leon, Barry e unha supervivente, Lucía, foxen cun helicóptero.

Estilo de xogo

[editar | editar a fonte]

O xogo alterna a primeira coa terceira persoa. Mentres camiñamos e exploramos a vista é de terceira persoa, mentres que durante os combates, pasamos a primeira persoa.