![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1904 ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 14 de xuño de 1998 ![]() Palma, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, actor, produtor de cinema ![]() |
Período de actividade | 1927 ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Ricardo Núñez Lissarrague, nado en Betanzos o 16 de xullo de 1904 e finado en Palma de Mallorca o 14 de xuño de 1998, foi un actor, guionista, produtor e director de cine galego.
Nado no seo dunha familia acomodada do Betanzos de principios do século XX, Ricardo trasladouse a Madrid en 1923, onde abriu unha cafetería chamada Atocha. Asiduo ás tertulias artísticas do café "María Cristina", alí descubriuno o actor e director Florián Rey, que o contratou para actuar na película muda El pilluelo de Madrid. Esta colaboración abriulle as portas para participar noutras películas do citado director, como Águilas de acero e La hermana San Sulpicio, filme que o fixo saltar á fama xunto a Imperio Argentina.
A aparición do son no cine supuxo un gran reto para Ricardo: o de camuflar o seu marcado acento galego. Superado este hándicap, e logo dalgunhas aparicións menores, púxose ás ordes do director Benito Perojo para rodar Susana tiene un secreto, Se ha fugado un preso e Rumbo al Cairo, converténdose nunha das estrelas do cine español do momento.
Ao estalar a guerra civil española, Ricardo colaborou en varias películas de apoio á República. Logo da derrota da República, viuse obrigado a exiliarse a Arxentina en 1939, onde se estreou como director coas longametraxes Madre Alegría e Fuego Sagrado. Igualmente, produciu varias películas para Benito Perojo, como Chiruca ou La copla de la Dolores, de novo con Imperio Argentina como protagonista.
A revolución que estalou na Arxentina en 1955 provocou o regreso de Ricardo Núñez a España, onde dirixiu "La chica del barrio" e ata catro películas máis. No seu penúltimo traballo como director, "Lo que cuesta vivir", realizou un cameo aparecendo como taxista.
A partir de 1962 centrouse no seu labor de guionista e produtor, procurando illarse da popularidade e levar unha vida tranquila ata o seu pasamento á idade de 93 anos.
Mosquera Camba, José Luis (1986). "Ricardo Núñez, una vida para el cine". Anuario Brigantino. ISSN:.