Risk of Rain | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Hopoo Games |
Distribuidora(s) | Chucklefish Games |
Produtor(es) | Duncan Drummond Paul Morse |
Deseñador(es) | Matthew Griffin Duncan Drummond Paul Morse |
Artista(s) | Duncan Drummond |
Compositor(es) | Chris Christodoulou |
Motor | Game Maker |
Xénero | Platformas, Roguelike, Metroidvania |
Modos de xogo | Un xogador / Multixogador |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, macOS, Linux, PlayStation 4, PlayStation Vita |
Na rede | |
http://riskofraingame.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Risk of Rain é un videoxogo de plataformas que incorpora elementos roguelike, desenvolvido por un equipo de dous estudantes da Universidade de Washington baixo o nome de Hopoo Games. O xogo, que comezou coma un proxecto estudantil, foi financiado por medio dunha campaña en Kickstarter, e publicado por Chucklefish Games para Microsoft Windows en novembro de 2013. As versións para macOS e Linux publicáronse inicialmente como parte dun Humble Bundle o 28 de outubro de 2014. As adaptacións para PlayStation 4 e PlayStation Vita, desenvolvidas coa colaboración de Code Mystics, publicáronse o 12 de abril de 2016.
O xogador controla a un sobrevivente dun accidente dunha nave espacial nun planeta estraño. Segundo progresa polos diversos niveis do xogo, seleccionados de forma aleatoria e con elementos de xeración por procedementos, o xogador procura sobrevivir matando monstros inimigos e obtendo obxectos que melloran as súas capacidades ofensivas e defensivas. O xogo inclúe unha escala de dificultade que se incrementa co tempo, obrigando ó xogador a decidir entre pasar máis tempo adquirindo experiencia e obxectos ou completar os niveis rapidamente para evitar inimigos máis difíciles. O xogo permite partidas multixogador cooperativas de ata catro xogadores en liña e dous en modo local.
Recepción | ||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
![]() |
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |