![]() (2017) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1988 ![]() Pointe-à-Pitre, Francia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Oklahoma City Thunder ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Rodrigue Beaubois, nado en Pointe-à-Pitre (Guadalupe) o 24 de febreiro de 1988, é un xogador profesional de baloncesto francés que actualmente xoga no Anadolu Efes da Basketbol Süper Ligi turca. Con 1,88 metros de altura, xoga nas posicións escolta e base.
Beaubois foi descuberto polo xogador da NBA Mickael Pietrus nun campus de baloncesto celebrado en Guadalupe.[1] De alí chegou ao Cholet Basket da liga francesa, onde se integrou no seu centro de formación, xogando primeiro unha tempada no seu equipo júnior, onde fixo 10,8 puntos e 2,3 asistencias por partido.[1] Ao ano seguinte integrouse no equipo profesional , pero só xogou cinco partidos co mesmo na tempada.[2] Ese mesmo ano foi por primeira vez convocado coa selección francesa sub-20.[3]
Tras unha primeira tempada xa completamente integrado no primeiro equipo, a súa explosión foi ao ano seguinte, no que acabou con 10 puntos e 2,5 rebotes por partido, xogando o seu mellor encontro ante Roanne, no que conseguiu 31 puntos, 8 asistencias e 5 roubos de balón.[1]
Foi elixido na vixésimo quinta posición do Draft da NBA de 2009 por Oklahoma City Thunder,[4] mais foi inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks xunto cunha futura segunda rolda do draft a cambio dos dereitos da elección 24, B. J. Mullens.[5] En xullo de 2009 comprometeuse co equipo texano por dúas tempadas.[6]
Tempada | Equipo | P | PTS | REB | AST | ROU | TAP | %TC | %3P | %TL | MIN | PER |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007-08 | Cholet Basket | 24 | 5.5 | 1.6 | 1.3 | 0.7 | 0.4 | .511 | .435 | .777 | 13.3 | 1.0 |
2008-09 | Cholet Basket | 29 | 10.0 | 2.5 | 2.3 | 1.1 | 0.2 | .633 | .317 | .583 | 22.3 | 1.9 |
Total: | 50 | 7.5 | 2.2 | 1.9 | 0.9 | 0.3 | .541 | .398 | .622 | 17.8 | 1.4 |